Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xitanos

miércoles, 15 de septiembre de 2010
Nos nosos pobos, a chegada dos xitanos era todo un acontecemento pola revolución que supuña no xeito tranquilo de vida de antano. Quedaban asentados en lugares previstos con antelación, arredados, nos que non molestaban demasiado.

Nas cidades galegas foron xurdindo suburbios miserentos onde os xitanos nosos se foron asentando no decurso dos anos, contradecindo a natural itinerancia, facendo vida social totalmente independente pero con vencellos de arraigo que levan décadas establecidos.

A tendencia das autoridades galegas foi a de ir incorporándoos á vida normal, ós ambientes cidadáns, para evitar os guetos e conseguir normalizar a súa situación de galegos de facto. E nas nosas cidades estanse colocando en pisos de protección oficial, derrubando os casetos infames onde viñan vivindo, escolarizando os seus fillos, procurándolles ocupacións, eliminando en fin unha situación de marxinalidade e de fomento da delincuencia.

Nada que ver co que o Presidente Sarkozy está a facer na veciña Francia onde tenta solucionar pola brava os problemas que os xitanos de Rumanía e Bulgaria lle ocasionan, deportándoos ós seus lugares de orixe, quitándose de diante o problema co escándalo de media Europa.

De pouco vale a condena do Parlamento Europeo, que non ten competencias na materia, nin as críticas de todos os que consideran que este non é xeito de solucionar o problema.

A “grandeur” francesa vese empañada por este xeito de proceder as autoridades dun país con séculos de tradición democrática, que poderían aprender do que aquí facemos, a pesar de ser bisoños no exercizo democrático no que apenas levamos loitando un tercio de século. Aquí, os xitanos son da casa. Con todos os matices que se queira, é a única postura posible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES