Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mandiá: hai 111 anos (II)

lunes, 13 de septiembre de 2010
No artigo anterior consignabamos a edificación e posterior inauguración da nosa Igrexa. Levou dous anos erguela de nova planta.
Foi o 11 de setembro de 1899, no día da nosa Padroeira, Santa Uxía de Mandiá. Diso hai 111 anos. Na semana que ven celebrarémolo con renovado gozo festeiro. Os anos 1897, 1898, 1899, e aínda os seguintes, foron de moito rebulicio e actividade na nosa Parroquia. Hai datos abundantes e de moito interese que aparecen consignados no Libro de cuentas de fábrica de Santa Eugenia de Mandiá y anejos San Pedro de Leija y Marmancón.
Hoxe imos referir só algúns:
O Excmo. Sr. Bispo, Don Manuel Fernández de Castro, en Visita Pastoral ao Arciprestado de Ferrol, pasou por Mandiá o 29 de agosto de 1897 e na acta deixa, entre outros, os seguintes mandados:

“1º.- Ante “el estado de pobreza y deterioro en que se halla esta Iglesia” ..., “4º Autoriza al Párroco  para invertir todas las cantidades de esta Fábrica de que se pueda disponer, y según su prudencia, en la reedificación de esta Iglesia de Sta. Eugenia, la que por estar totalmente deteriorada, es necesario proceder a las obras cuanto antes para lo que S. S. Ilma., en vista de que no hay cantidades en las Fábricas, y sí déficit, recurrirá a Su Santidad impetrado licencia para poder vender  algunas fincas de este Iglesario e invertir su importe en las obras de esta repetida Iglesia”. “5º. Y por último que el Párroco lleve  cuenta exacta en el libro de Fábrica de las cantidades que invierta en la reedificación de la Iglesia comprobándolas con los debidos justificantes”.

O Párroco que antecedeu a D. Joaquín Selle y Pérez foi D. Ramón Miño. Este adquiriu en propiedade uns montes que vendeu o Estado en Mandiá, entre eles o Coto, que logo se chamaría “O Coto do Crego” e tamén outras parcelas. Este D. Ramón, antes de morrer, fixo un legado desas propiedades a favor dos párrocos, sucesores seus, en Mandiá para o seu uso, usufruto e ben da Parroquia. Para poderen vender parte deste patrimonio e invertelo no custo das obras do templo tiveron de recorrer á Santa Sé.
A resposta favorábel chegou por rescrito, en lingua latina, asinada polo Cardeal Vannutelli, con data de 24 de decembro de 1897 e da que conservamos copia dunha parte.

O 10 de xaneiro de 1898 o Sr. Bispo acepta o rescrito, aprobado por Roma, e ordena que se proceda xa ao seu debido cumprimento. Tamén manda, como xa vimos, que se garden no Arquivo parroquial as actas da venda das fincas e, nun caderno aparte, xunto cos xustificantes, as contas ben especificadas. Nos anos sucesivos, o noso benquerido e admirado D. Joaquín Selle, consigna detalladamente a adquisición das cousas que precisaron para ir dotando á nova igrexa.

Nós, ademais de agradecer,  queremos coñecer a nosa historia real e a súa antigüidade para darlle o mérito, valor e estima que nos merece. Para eles daquela supuxo un grande esforzo e sacrificio. Non podemos deixar que se bote a perder esa sagrada herdanza que nós estramos a conservar con moito gusto e axeitadamente. Porén, dá verdadeira mágoa ver o estado de silveiral do ‘noso’ Pazo e mesmo o que pasou co escudo do Señorío de Mandiá. Porque iso tamén forma parte do nós colectivo e da verdadeira historia dos nosos devanceiros. Dóenos. Pero vivamos a festa en paz.
Aínda seguiremos falando.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania