Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Finou Mayán

miércoles, 08 de septiembre de 2010
Finou Mayn Acaba de finar, ós 93 anos de idade, o doutor don Francisco Mayán Fernández. O día 24 de abril do ano 2005, pronunciara en Foz a que acaso foi a derradeira lección maxistral do ilustre profesor. Tiñamos o encargo aquel día de presentalo á audiencia e fixémolo, mais ou menos, así: “Diremos que o doutor don Francisco Mayán é un xove de 89 anos que leva dedicada a vida ás distintas disciplinas da educación e da cultura; e decimos “xove” porque mantén toda a lozanía e vitalidade intelectual, e segue no labor, co mesmo interese e igual xenerosidade. O señor Mayán é natural de Cee, onde a biblioteca pública leva o seu nome. Pero os comarcanos mindonienses considerámolo tamén noso porque a cotío proclama o seu amor por canto significa histórica, cultural e humanamente a cidade episcopal e a súa bisbarra, na que leva residindo e vivindo os seus avatares mais de cincuenta anos, ás veces en postos de primeira liña: foi alcalde daquel concello e o primeiro director do seu instituto, cometido no que permaneceo ó longo de 33 anos. É o seu Cronista Oficial, Fillo Adoptivo e membro honorario da Corporación Municipal. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia, políglota, a súa apaixoada vocación levouno a investigar nos mais diversos campos do saber, e neste senso cabe destacar a súa vontade de mergullarse na historia de Mondoñedo e a comarca.

O historiador é unha autoridade no coñecemento e a interpretación do señor da Frouxeira, e o seu libro El mariscal Pedro Pardo de Cela, a la luz de la nueva documentación histórica faise imprescindible para os estudosos do controvertido feudal.

A aquel personaxe singular que foi Manuel Ledo Bermúdez, “O Pallarego”, barbeiro-músico ou músico-barbeiro, xornalista e mecenas, cuxa barbería era a un tempo aula musical e ágora de cultura á que acudían en tertulia escritores, músicos e poetas, dedicoulle o doutor Mayán un fermoso libro: O “Pallarego” “un dos meirandes amigos de Cunqueiro”, como di o subtítulo do mesmo, que de cando en vez ollamos para recrearnos na lembranza de episodios que nos son familiares.

Don Francisco Mayán está en posesión de numerosas e prestixosas condecoracións e recoñecementos, e permítaseme suliñar que foi él, como non podía ser doutro xeito, a primeira persoa investida por “O Mundo de Galea” como “Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela”.

Non quixera rematar sen facer alusión a outra das numerosas e meritorias publicacións do doutor Mayán: trátase do libro ”Historia de Mondoñedo. Desde sus orígenes hasta 1883, en que dejó de ser capital de provincia”

Quero enfatizar este dato, porque o historiador segue a reivindicar unha quinta provincia para Galicia, pois considera irracional a actual división, como deixou exposto, entre outras, nunha brillante conferencia que lle escoitamos na biblioteca da cidade espiscopal. Unha hipotética nova provincia, coa capital en Mondoñedo, sería moi beneficiosa para toda a bisbarra. 24-4-05”.

No camposanto de Cee quedaron, para sempre, os restos do que foi paladín da cultura na nosa comarca: Francisco Mayán, mestre e amigo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES