Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O apelido 'Foz'

viernes, 03 de septiembre de 2010
A R.A.E. define “apelido”, nunha primeira acepción, como o nome de familia co que se distingue ás persoas. A función do apelido é a de servir de complemento ó nome de pía para evitar confusións. Acaso un dos recursos mais antigos fora o uso dalgún apodo ou mote, ademais do nome de nacemento. A fixación dos apelidos comeza coa difusión do uso de documentación legal e notarial a partir da Idade Media. Entre as diversas orixes que pode atribuirse a un apelido está o toponímico; é decir, aquel que se fixa en función da procedencia do individuo. É ésta unha modalidade que ven de moi antigo, pois arredor de medio milenio antes de Cristo poden citarse, por exempro, a Tales de Mileto ou Pitágoras de Samos, ambos nativos dos devanditos lugares, no mar Exeo.

Foi no ano 1991. Un programa moi exitoso de TVE, Tribunal Popular, escenificaba o xuizo a unha causa de especial actualidade. A representación contaba coa presencia de tres prestixosos xornalistas: Xavier Nart, no papel de fiscal; Ricardo Fernández Deu, abogado defensor e Xabier Foz, xuiz e director do espacio, así como un xurado formado por un determinado número de persoas.

Fumos convidado a participar nun deles para o que viaxamos a Sant Cugat del Vallés, en Barcelona, dende onde se emitía o programa e alí tivemos a oportunidade de departir longamente cos tres persoeiros. Confesamos que o noso verdadeiro interese era coñecer a historia do apelido Foz, pois ata daquela non tiñamos noticia da súa existencia; pero a nosa curiosidade non quedou satisfeita, pois o titular do mesmo -o xuiz- só sabía o referente á súa familia e quedounos o desexo de seguir indagando. Non é moito o que logramos saber: sí que é de orixe francés e que o escudo heráldico é simple: en ouro, seis roeles, postos en dous paus e coroado por artístico remate. Sen dúbida a través dos Pirineos chagarían algúns Foz á península, dos que temos localizadas 135 persoas. Obviamente non están todos os que son, pero sí nos da unha pista de por onde andan os de apelido “Foz”. Ningún no Noroeste.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES