Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emancipación

viernes, 03 de septiembre de 2010
As cambiantes condicións de vida reflíctense día a día na sociedade, sendo os comportamentos humanos causa e resultado daquelas. E os máis diversos xeitos de comportarse nas etapas da vida veñen marcadas como sempre, cada vez máis, polas implacables condicións que van conformando os nosos contornos vitais.
Non hai moitos anos – trinta, corenta- a tendencia dos mozos era independizarse, para vivir unha vida propia, e os matrimonios –único xeito de xuntarse entón- producíanse moi cedo, e con vintecinco anos o normal era ter fundada unha familia.
Evolucionamos económica e socialmente, quixemos proporcionar ós fillos mellores condicións de vida, e simultáneamente fíxose máis difícil a consecución dun posto de traballo, co resultado de que na actualidade arredor de trescentos mil rapaces, que se calcula son tres de cada catro galegos, menores de trinta anos seguen a vivir na casa de seus pais.
Se o resultado fose produto dunha conformidade voluntaria das dúas partes, todos contentos, pero nin os pais queren ter os seus fillos tanto tempo na casa nin os fillos pretenden depender tan longo período dos seus proxenitores, polo que hai que coincidir en que as condicións externas son as que non permiten a independencia dos máis novos, por non atopar estes condicións axeitadas para a subsistencia independiente.
Todo parece estar relacionado, e a crise tamén obriga a unha independencia máis tardía. Pero ninguén será o primeiro en apuntar solucións a un problema que depende do acomodaticios que fixemos ós rapaces, da superprotección, pero tamén da non creación dun mundo axeitado para a vida dos máis novos. O cambio ten que ser moito máis profundo que o dos aspectos económicos. Fai falla un fondo cambio social que, ó mellor, a crise económica, vai axudar a propiciar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Plus de altos cargos: Hai determinadas cuestións que resultan difíciles de explicar e máis aínda ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania