Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago é un ferver

martes, 31 de agosto de 2010
Todos agardábamos que este Ano Santo, agora transformados os anos santos en Xacobeos, ía ser a consolidación definitiva de Compostela como meta de todos os camiños de occidente, e non están fallando as expectativas.
Independentemente dos resultados económicos, que os organismos especializados terán que cuantificalos e seguro que son excelentes, a afluencia de xentes a Santiago é unha inundación humana que non só obriga a gardar longuísimas colas para poder acceder á Catedral senón que ten transformado o centro compostelano nun desfile ininterrumpido de restaurantes, bares, tendas de artesanía e agasallos, multitudinario zoco que fai de Compostela a máis abigarrada cidade do occidente hispano, onde todos sabemos que temos que acudir, non só por gañar o Xubileo senón, e de xeito especial, para ser conscientes de cómo vive Galicia – meta final dos Camiños a Compostela- un fenómeno imparable onde se concitan a partes iguais a fe, a ledicia, o deporte, o turismo, e a aventura. Ou cada quen aplica, na dosis que considera axeitada, eses elementos á súa situación persoal.
Veñan os peregrinos de Roncesvalles, comecen o seu traxecto en Pedrafita, fagan os traxectos en días distanciados –axudados por coches escoba- ou camiñen pequenos tramos como adoitan facer os políticos, o certo é que facer o Camiño, acudir a Compostela, mergullarse no maremagnun da terceira das cidades santas da Cristiande, é imprescindible neste 2010, non sendo o menor argumento de que transcurrirá máis dunha década ata vivir o próximo Xacobeo.
Santiago é un ferver humano, un incrible marco cheo de vida, o maior elemento de proxección económica e turística desta Galicia do 2010. ¡Felicidades, Compostela, polo magnífico resultado!. Por todos os magníficos resultados que se están a colleitar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES