Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

60.000

viernes, 27 de agosto de 2010
Do millón de familias que hai en Galicia (as cifras son sempre aproximadas), arredor de 60.000 teñen a todos os seus membros en paro. Esta é unha nova tráxica para un país que algunha vez soñou ser autosuficente, logo rico e xenerador de emprego atraíndo emigración de máis aló dos mares, e por fin unha mañá atopouse coa crise do xeito máis descarnado e duro.

Falamos de paro, pero non tomamos en conta o concepto ata que alguén que coñecemos, da nosa familia, está nesa situación. E adoitamos pensar que Galicia é un pais con tal capacidade de xenerar recursos, que nunca falta unha terra para sementar que complemente ou substitúa o posto de traballo perdido. E aínda engadimos, se acaso, que non poden ser verdade as cifras que se mencionan en canto ó paro, que se así fose o país derrumbaríase, pero seguro que os parados teñen recursos “en negro” ou “en B”, dos que botar man para evitar a catástrofe.

Sesenta mil familias galegas teñen todos os seus membros en paro, e non se afunde o mundo porque nalgúns casos hai seguro de desemprego, noutros o subsidio de reinserción, e outros reciben axudas da súa familia directa. Pero en calquera caso, a traxedia existe aínda que, polas razóns que sexa, non se consuma o holocausto.

Non é doado crear postos de traballo nunha situación como a que estamos, pero os poderes públicos teñen que considerar firmemente que este é o ineludible fin no que teñen que traballar sen descanso. Que esta situación de marasmo económico só precisa dun pouco de alegría colectiva que nos insuflen os gobernantes, para de novo poñer en marcha a roda inmensa do proceso socioeconómico dun pais.

60.000 é a cifra. Detrás, está cadansúa traxedia, que non totaliza 60.000 senón moitas máis: tantas como membros teñen as famiias galegas nas que ninguén ten un posto de traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES