Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A república das letras no meu” rueiro” en Ourense

viernes, 27 de agosto de 2010
Cando escribín o “Venres Santo dun crente anticlerical” aló polo abril deste mesmo ano, xa fixen dende a lexanía cercana de Lugo unha breve alusión ao rueiro literario que rodea a que ía ser a miña casa andando o tempo.

Hoxe fagoo dende aquí mesmo, cando por razóns que eu nin moito menos podía sospeitar, me atopo vivindo na cidade de Ourense que cordialmente evocaba entón dende a das Murallas, e tamén cando estou a gozar coma un enano desta Itaca dos meus recordos infantís e do “topos” a que sempre se debe volver dun xeito ou otro – no meu caso foi una “torcedura” - para recobra- la “orixinalidade” que nunca debíamos ter perdido.

Cando pola mañá cedo ou polas noitiñas saio a andar por este veciñal rueiro sempre me encontro con eses nomes que para sempre ficaron dentro da “taboa rasa” que así nos bautizara Aristóteles e as pegadas dos persoerios nominados xermolan de novo e máis novos outra vez, poblando o meu imaxinario de verbas encantadas, a manchea máxicas, de personaxes que turraron do meu afán xuvenil cara a vida que foi despois, dando pulo e azos ao que o destino me chamaba a facer na tarea incomparable de modelar, arranxar e artellar a mesma taboa aristotélica de tantos rapaces, mozos e mozas como tiven logo nas miñas aulas de Literatura Española e de Cultura Clásica imprescindible.
E a de Castelao de Rianxo pero de todos.

Ali están , cada vez que paso a andar, mirándome, chiscándo o ollo, acenando, sinalándome co dedo, fachendosos por enriba do paso do tempo, na sucesión atemporal dos seus días e as súas horas mesturadas xa coas do paseante de hoxe e de mañá, mesturados eles mesmos nas meniñas e na mente do lector, que tamén os olla, que tamén os garda, que tamén pasa a formar parte dos que agora son os voceiros – lapides clamabaunt – da liberdade que van labrando en nós, lectura a lectura, folla a folla, idea a idea, sentimento a sentimento, catarse a catarse.

Rúa Curros Enriquez, á esquerda da miña casa ; Rúa Valle-Inclán á dereita; Ramón Cabanillas, paralela e más á dereita cas outras dúas ; Rúa Celso Emilio Ferreiro, interseccionando as tres. Máis alá, a de Noriega Varela , o mindoniense das Irmandades; logo a de Eduardo Blanco Amor, o da Auria mítica e posible; a de José Angel Valente, señor de Augasquentes, casi cabo do Pai Miño, marxe esquerda. E abrindo os brazos ás Terras de Trives e á Ribeira Sacra, baixo e fóra da Ponte de Ferro – sete pontes hai en Ourense que non as hai na Galicia enteira -, a do xeógrafo do pincel vivo, o Patriarca das nosas letras, o señor de Trasalba, grande coma unha Avenida grande e merecida, a de Don Ramón Otero Pedrayo.

¡Que lles vou dicir que me sucede cando os miro a todos estes honorados, todos xuntos na mesma mañanciña, no mesmo solpor, na mesma noitiña, sempre que por alí paso! ¡ Sempre que por alí pasamos todos! ¡ Sempre que por alí vai, dende unha estrema e outra da cidade, a mocidade ourensana e de outras partes ás aulas do Campus das Lagoas!

Moitas cousas. A máis tal, tentar, coma Deus, un soplo de vento para que os ósos mortos cobren vida unha vez máis. Soplar sobre o polvo das follas do libro esquecido, quizabes,co desexo compulsivo de que tódolos personaxes e utopías que foran deles sexan tamén nosos, e o rueiro íntimo meu e de cada quen se convirta na “ágora” chea de soños e seres reais dunha Galicia que eles quixeron que fora.

Por isto entre outras cousas, encóntrome moi “ bien hallado” nesta nova miña casa que é Ourense, e bendito sexa Deus. Dende ela, ate outra.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES