Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un escritor tardío

miércoles, 25 de agosto de 2010
Ánxel Vázquez de la Cruz presentou na Coruña o seu primeiro libro de narrativa, Luz de tebra. Trátase dun feixe de relatos situados en contornos xeográficos que forman parte da súa propia biografía: Tui -a súa infancia-, Santiago -os anos de Universidade- e A Coruña -onde desenvolveu a sua vida profesional durante moitos anos-.

É, polo tanto, un libro autobiográfico, na medida que recolle historias de personaxes reais ou inspirados na realidade vivida polo autor, que son retratados nestas páxinas con grande habilidade narrativa e intensa proximidade afectiva. Se algúns dos tipos que aparecen nestas páxinas non tiveron vida propia ben merecerían a existencia, vendo o apego que amosa o autor ao relatar as súas peripecias. Quedan xa, de feito, como presenzas importantes na literatura galega, á beira das criaturas de Cunqueiro ou Fole.

Vázquez de la Cruz é médico de profesión. É unha persoa moi coñecida e apreciada na Coruña, onde foi director do Hospital Materno-Infantil durante moitos anos.

Formado en Catalunya, acadou un gran prestixio profesional como pediatra e neonatólogo, á vez que se destacaba pola súa militancia na beira esquerda do mapa político. Foi sempre un excelente conversador, dotado de ampla cultura e dunha fina ironía que envolve o seu forte sentido do humor.

No exercicio da medicina está no bando dos que cren no valor curativo das palabras. Afirma que o primeiro deber dun bo médico é saber escoitar, con empatía e respecto, os males dos doentes. Esa escoita, en si mesma, xa ten valor terapéutico: é un dos fármacos máis potentes que podemos utilizar. Ese afecto pola palabra reflíctese no exercicio profesional, na conversa e tamén neste libro de relatos, que publica en galego porque quere, nestes tempos de dificultade, situarse á beira dos que o falan e valoran, entendendo que a infancia e a lingua son as nosas verdadeiras patrias.

Vázquez de la Cruz, a semellanza dun persoaxe do seu libro (O Negro, un fóra da lei que xa desde neno quería ser gánster, a quen chaman o Divinas Palabras pola súa habilidade para contar historias) tamén podería, noutra época, gañar a vida polas feiras, facendo uso do seu verbo engaiolante.

Só por poñer unha obxección: Ánxel, por que tardaches tanto? Non era preciso agardar ata os 67 anos para publicar os teus escritos. Máis non é problema; tamén Saramago empezou pasados os sesenta e acadou o premio Nobel.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES