Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atención á dependencia

martes, 24 de agosto de 2010
Sempre fará falla empregar máis medios, prestar máis atención, dotar de máis persoal a atención ós dependentes, porque se o camiño recorrido é moito, moito queda aínda por andar.
Non se poñen de acordo nas cifras o goberno central e o autonómico en relación co estado da atención á dependencia no noso país, pero aínda da disidencia temos que obter o resultado de que se está no bo camiño pero moito falta, estean sen atender o tercio que a Xunta apunta ou arredor do cincuenta por cento que supón o goberno central.
A Lei da Dependencia e toda a normativa que a rodea foi unha aposta de futuro na que toda a sociedade ten que implicarse porque toda a sociedade é afectada. E cada comunidade ten que ter en conta determinadas circunstancias dos seus membros, sendo en Galicia especialmente notable a gran dispersión poboacional e a natural tendencia dos galegos a seguir no propio domicilio aínda en situacións difíciles, polo que hai que destacar que Galicia sexa unha das primeiras comunidades hispanas en axuda a domicilio, onde se está atendendo ó 16% dos dependentes.
Se en pouco máis dun ano se pasou de 14.000 a 36.000 persoas atendidas con arreglo á Lei, importante esforzo se ten realizado. Pero recoñecendo o traballo conseguido con este esforzo hai que considerar que moito aínda queda por facer. E concedendo un momento ó recoñecemento do feito, miremos desde o presente ó futuro para seguir gañando batallas contra o abandono e a soedade da pobreza.
Todos somos dalgún xeito dependientes dos que nos rodean, dos demais. Pero estamos a falar dos que dependen da sociedade para subsistir, para vivir. Estamos no bo camiño. Andemos, axudando a andar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES