Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As festas do 22

lunes, 23 de agosto de 2010
As Festas do Agosto en Galicia continúan, e despois das do 15 veñen en moitos lugares “as do vintedous”, como din no meu pobo . E desta vez tocoume a min ceibar unhas palabras diante dos meus queridos veciños de Outomuro-Ourense pouco antes da Misa Grande das 12, cando parou de tocar a banda e a xente toda se dispuña a recollerse para entrar no templo. Máis ou menos dixen isto, que me atrevo a colgar aquí, coa su venia e por se lles vale de algo. E perdoen. Se me seguen, algo soaralles.

Hoxe estoupa aquí , na Festa da Virxe do Mundil, un grandísimo folión de gozo, de devoción, de emocións, de xantares , de fuego e de música en honor da Patrona da Parroquia, - e en beneficio de tódolos seus veciños e dos que nos visitan -; un carrusel de celebracións que nos axuda a facer familia, reencontrándonos, un ano máis, os que vivimos aquí e os que sendo de aquí vivimos fóra por motivos de traballo e outas razóns. Un reencontro festivo de comida, de conversas esquecidas ou aplazadas, de citas desexadas, de arranxos da casa e da mesma familia, cando, tal vez, un enfado calquera se pode arreglar e perdoar cousas, porque é o mellor que podemos facer neste día, no nome da nosa Señora a Virxe do Mundil.

Si, é así, porque realmente a mellor devoción que podemos ter a Nosa patrona Bendita, hoxe festexada, é aquel cumplimento de bendición que Xesús, o fillo de María, nos mandou coma seu desexo máis preciado e importante para sempre: “ Benditos máis ben os que escoitan a palabra de Dios e a cumplen”, esa palabra fundamental para un pobo, para os pobos desta parroquia:

Que todos sexamos un.
Que teñamos todos un mesmo sentir.
Que entre vós non haxa nunca nin rifas nin liortas, nin de palabra nin de obra..
Que o que insulte ó irman diante dun pequeno
Máis lle vale non ter nacido.
Que Dios nos perdoe, coma nós perdoamos ós que nos ofenden
e así fagamos nun pobo e una parroquia axeitada, que é o que Deus nos pide e a sociedade demanda
Para que o auténtico progreso sexa, primeiro,
humano e cristiano


e maravilloso, e logo, coa axuda e xustiza dos mandamases e mesmo nosa - logo do imporante da vida que queda dito - veña un progreso económico e de vida que eles e todos estamos obligados a procurar e consequir.

E é así como contentaremos a Virxe do Mundil, - que nos une a todos hoxe aquí -, quen na súa vida o primeiro que fixo foi , ó sentirse nai de Deus, ir a casa da súa parente, que a precisaba para axudala, e non se puxo só a rezar, senón que se trasladou á súa casa para coidala en todo o que lle cumprira… É así, entón, como contentaremos a Nosa Virxe do Mundi, quen diante de todo o que vía ó seu arredor, quedaba caladiña e gardaba as cousas no corazón, meditándoas, en vez de ir a latricar coa veciña máis próxima e poñer a parir os demáis.

Etc.

Onte na Procesión sacámo-los pendóns e os estandartes que os nosos maiores compraran e con orgullo e devoción portaban neste día a porfía. Hoxe xa non hai tanto entusiasmo. Pero os tempos son chegados en que ou volvemos ás nosas raíces cristianas, aínda que teñamos que expurgalas en moitas cousas, ou a herba que ás veces sementamos ou estamos deixando medrar nos nosos campos vainos traer a peste.

Acabo. Día grande na parroquia, día de agradecemento e peticións a Señora, de festa en Nogueiró, Carregal, Gueral, Santa Cateliña e Outomuro. Xa é moi bo e evanxélico e humano que a lo menso no Cartel das festas aparezan xuntos os nomes de tódolos pobos da parroquia.

Veciños, debemos tomar conciencia de que canto máis unidos esteamos, máis forza teremos, máis cousas acadaremos, e tamén máis solidarios e bos seremos.

Que a Virxe do Mundil quede contenta, máis ca nunca, desta Festa. Así como todos, por decir algo, cando estamos contentos damos máis que cando estamos enfadados, que ela, neste día de contento, de ledicia, de festa, nos dea o que máis necesitemos. Por exemplo: moito sentidiño, moitas ganas de facer ben as cousas, moita suerte e acerto para acadar o mellor para nós, para os nosos, para todos.

Santa Bendita, Virxe do Mundil, ¡ AXÚDANOS E GRAZAS POR ANTICIPADO!

E así acabaron en Outomuro aquelas palabras “do vintedous” de agosto de este ano. Pero a Festa continúa… Así…

Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania