Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Política e comunicación

jueves, 19 de agosto de 2010
Non hai moito tempo, cada departamento político tiña un xefe de comunicación que canalizaba todas as mensaxes que o político de turno quería transmitir ós administrados. E así, recolléranas íntegras ou non os medios de comunicación, o xornalista comunicador era a voz do seu xefe, voceiro dun departamento ou institución que, deste xeito, se pronunciaba, excepción feita das comperecencias públicas, entrevistas ou alocucións do seu xefe natural.
A comunicación agora faise máis complexa, especialmente se ven do Goberno central en temas de interese xeral que interese transmitir á cidadanía que somos todos, pero parece que só podemos resistir ou comprender ós poucos, e con diversos transmisores.
Porque pode falar o xefe do goberno, o Presidente, e proclamar urbe et orbe que se van contratar millóns de euros en obras para animar o importante sector da construcción. E todos tocamos a rebato as campás da ledicia como se todos foramos construtores. Pois ó día seguinte, a Vicepresidenta galega que entende nos temas económicos saíu dicindo que non era para tanto, que tampouco se van contratar tantos millóns, que é mellor non agardar demasiado do que se pretende ampliar.
Pode o Presidente dicir que o terceiro trimestre vai ser pior que o segundo, que xa non hai queixa, para que ó día seguinte a mesma vicepresidente diga que do dito non hai nada, e que pode non ser tan malo.
Pode Blanco, o noso ministro lucense, dicir calquera noticia garimosa de que Lugo vai ser o centro do universo, que para eso foi o contorno onde veu a luz primeira, que se non o desdicen de repente, o tempo encargarase de devaluar calquera información. Menos o tema dos controladores, que bastante ben parado saíu do difícil envite que lle largaron os millonarios presuntos depresivos e posibles folguistas.
Pero agora Blanco dixo que temos moi baixos impostos e que para ser europeos hai que subilos, especialmente se queremos formar parte do estado do benestar que, precisamente, se nutre de todas as nosas contribucións. Xa foi desmentido pola Vicepresidenta económica, quizais tendo en conta que el actuou de desmentidor do Presidente, que no seu momento anunciou subida de impostos para as rendas máis altas.
¿É posible que nun goberno nacional teñan a lengua tan longa como para non saber cando hai que calar, e cando hai que falar con siso sabendo que os demais compañeiros están nunha determinada onda?.
Ou non saben o que din, ou non din o que saben, ou están xogando con fogos articificiais para que cando nos toque sufrir as súas decisións, nos poñamos no peor e non quedemos tan descontentos. Ou non saben onde van, que é o máis probable.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES