Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O incendio interminable

miércoles, 18 de agosto de 2010
Coidabamos ter rematado con esta lacra, ou alomenos vela reducida ós límites que marcan os imponderables ou os excesos da climatoloxía. Pero non.
Coma unha serpe de verán, como se no verán galego non tiveramos novas abondas para encher de contidos as nosas publicacións, veñen os lumes queimar o máis sensible do noso territorio, levando de paso con eles ilusións, traballo e vidas.
Podemos pensar que a cotío en todo o mundo, tamén no mundo noso, se viven catástrofes que merman dalgún xeito os nosos bens, que se perden vidas na estrada ou no mar, que o lume se ceba a cotío con montes e edificacións sen que os medios humanos parezan poder contelo de xeito decisivo.
Pero cando en calquera traxedia intervén a man humana, cando os causantes son descoñecidos incendiarios movidos por non se sabe ben que tipo de causas, non hai razón algunha que xustifique nin siquiera comprenda accións criminais tan reprobables.
Porque en tempos os incendios achacábanse a vinganzas dos labregos ós que se lles ocuparan propiedades comunais para facer discutibles plantacións. Logo pensouse que os que trataban na madeira podían mercar máis barata esta se o lume tivera andado polo medio. Agora, xa non se especula con ningunha posibilidade que dea status de persoa a quen provoca un incendio sen coidar que pode estar indirectamente provocando unha morte que levará toda a vida na súa conciencia.
O verán do 2010 quedará tinguido para sempre de loito pola morte de dous rapaces que non deron fuxido do lume que querían apagar. Se efectivamente hai man humana que produciu ese lume, todo o peso da xustiza debe caer sobre o culpable. Aínda que eso non nos devolva a vida dos que se foron nin o monte queimado. Ou precisamente por iso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES