Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Chao Rego é merecente

martes, 17 de agosto de 2010
Hai xa ben anos que se ven falando de recoñecerlle a Don Xosé Chao Rego a dedicación dunha rúa/praza en Ferrol, ubicada, máis ben, por Santa Mariña do Vilar. É merecente de tal recoñecemento.

Del tense dito que é o autor con máis libros escritos e publicados en
lingua galega. A temática é sumamente variada e de verdadeiro interese.

Resistirá por moitos anos o paso do tempo porque o seu pensamento é fondo.

Será buscado e citado por estudosos e investigadores de diversas
disciplinas académicas. Xa o está a ser. Pasan de corenta os libros
publicados. Moitos tamén en castelán. Algúns traducidos ou mesmo escritos orixinalmente noutros idiomas. Tamén hai varios estudos da súa obra e persoa.

Pero é que ademais do ámbito bibliográfico aludido, está a súa obra social, benéfica e cultural. O seu labor en Ferrol de 1959 a 1976 está na lembranza agradecida de moitos de nós. E foi inmensa. A loita a prol dos dereitos humanos e liberdades democráticas, a solidariedade co mundo dos más débiles e do mundo obreiro, conxuntamente con moitos outros, custoulle pagar un prezo non pequeno. Xa comeza a estar escrito por aí.

O nome de Santa Mariña do Vilar está moi asociado ao seu quefacer. Abonda con escribir en calquera buscador da internet o nome XOSÉ CHEO REGO ou SANTA MARIÑA DO VILAR e pódense ver multitude de entradas entrecruzadas interrelacionando ambos nomes.

Por fin, un grupo de entidades socio-culturais de diversos lugares de Ferrolterra e moitos persoeiros con cargos representativos nas máis variadas actividades públicas, política, docencia, artes diversas, universidades, radio difusión, sanidade, eclesiásticos, veciños de Santa Mariña, etc., comisionaron a quen isto escribe para iniciar e coordinar os traballos de promoción e presentación, perante a Concellería de Cultura do noso Axuntamento, do expediente requirido para tramitar o proceso que faga chegar a bo fin esta petición: Que a praza do fronte da Igrexa de Santa Mariña do Vilar, con busto incluído, sexa coñecida no futuro co nome XOSÉ CHAO REGO.

Será de verdadeira ledicia para moitos. E Ferrol tamén merece ter ese nome de honra nos seus rueiros. Está xa con letra grande na súa historia aínda recente. En Santiago xa ten unha rúa.

Os asuntos do Pazo camiñan paseniño, pero van con seguridade. Sempre ha faltar algún documento que aportar ou informe que engadir. Fan moi ben en proceder así con rigor nestes e noutros asuntos. Que non haxa nunca sombras nas decisións. De momento entrou en rexistro. ‘Avec de la patience on arrive à tout’. Todo vai chegando algún día. E chegará. En verdade é digno e de xustiza.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania