Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que ten Pardiñas?

viernes, 13 de agosto de 2010
Foi coma unha marea que nos foi levando e mecendo, coma quen non quere a cousa, ata volvernos, transformados, ó terrón de sempre… Sentín aquelas palabras do poeta Manuel María, sobre esta comarca: “é un mar en calma”. Nestes días no festival de Pardiñas mergulleime nun océano de cores, formas, músicas… descubrín, nunha marea máis, mundos insospeitados, descoñecidos ata agora, e volvín á vida de cada día, transformado, liberado de tanto peso e inercia, que fora acumulando meses atrás.

A fervenza de amizade e arte que me arrastrou no festival, non me descolocou, pola contra, devolveume ás miñas orixes, ó leito da harmonía con todas as criaturas, sobre todo coas máis febles, coma tantas nenas e nenos que atopan en Pardiñas, a súa ollada do mundo, a que mide todo con cores, calor e luz.

En Pardiñas, a ledicia das nenas e nenos borra as arrugas dos que xa estamos algo queimados polas feridas da vida. ¿Cómo é posíbel que non haxa fendas nin crebas entre a festa das festivaleiras e festivaleiros deste certame, e a ansia de horizontes novos dos máis pequenos?. É a enerxía, a química, deste festival a que crea estas pontes de compenetración entre todas as idades. Agora entendo que foi en Pardiñas onde axudei a contruír a primeira ponte da miña vida, na zona de acampada para salvar un regato e poder atoparme con colegas que ata daquela non coñecía… Xa van erguidas, outras cinco pontes, coma acampadas fixen, cada ano con máis arte e agarimo. Cada festival síntome máis artista, e fíome das mañas e da capacidade de crear beleza e solidariedade dos outros. Outro día falarei da nosa vivenda do festival, deseñada con corazón ecoloxista e ateigada dunha amizade que me fai soñar con meses de camaradería e festa.

Un devoto de Pardiñas.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES