O “Centrifuguipetismo” Nacional
domingo, 23 de junio de 2002
Dende a miña condición bilingüe, síntome obrigado a insistir pesadamente en que en España hai polo menos catro lingoas: tres romances parizas (“romanas”) e unha vasca; é decir, que hai unha lingoa romance española galega, outra romance española catalá, outra romance española castelán –non a máis moza, por certo- e outra misteriosa lingua española vasca de procedencia descoñecida. Incruso, con motivo do derradeiro congreso lingúístico vallisoletán, habería que relembrarlle ó tonante Cela que todas istas falas son españolas e que, pesie a súa grandeza, o castelán non pode -nin quere- arrogarse en exclusiva o adxetivo “español”: Elo sería algo así coma un acto de curioso separatismo centripetista -de separatismo “imperial”, diríamos- Efectivamente, nin a fala galega, nin os galegos, nin os catalás, nin os vascos poderían seguir sendo así españois; somentes serían catalás, galegos e vascos -moitos, ó seu pesar-.
-Doutra banda, a inxeniosa teoría isa que fai do “español” unha creación lingüística de todos nós ten algunhas pingueiras. Por moitas melloras que se lle fagan, o trigo sigue sempre sendo trigo e o seu pan, pan-trigo. Por moito que galegos, catalás, vascos, castelans etc... tiñamos arrimado o ombro ó desenrrolo dista fala, o español sigue sendo recoñecible e sustancialmente castelán - fala ista que, por certo, hai tempo tíñase xa reservado pra sí a verba ladino (latino), ancestro ó que agora tan xeitosamente quere reducírselle-.
Pero é que, ademáis, nada menos que en 1893, xa en plena vixencia do termo español, en América e Filipinas inda rexía tamén pra ista fala o adxetivo aindiado castila (Corominas, 1998): unha corroboración máis da simultaneidade e corrección fondamente tradicional e mesmo hispana dos dous termos.
-E non falemos xa da noción excesivamente crara que se ten do problema en Galicia: Ata fai pouco, eiquí, casteláns eran os que falaban o castelán sin “acento” galego -acertada intuición ísta xa da entonación das lingoas coma un dos seus caracteres cecais máis xenuino e persistente; niste caso, do acento “galego-italián”¿romano?-.
-Pero a custión é bastante máis banal que todo isto. Dende antigo en todas partes vense considerando coma natural a opcionalidade dos nomes e os apelidos, dos xéneros i especies, de tantas outras cousas duales e complementarias. Por exemplo, dentro das familias onde a variabilidade dos apelidos é escasa, úsanse os nomes; nas aulas, onde os nomes varían comparativamente menos, úsanse os apelidos; nos D.N.I., onde nomes e apelidos varían considerablemente, úsanse os dous –todo elo dentro dunha flexible pero nada caótica permisividade-: ata tal punto a linguaxe común inventa e sanciona a validez dista práctica “binómica” e opcional. Todo ilo semella desvelar pois o relativismo oculto ó que a xente, asegún perspectivas, ven sometendo ós termos castelán e español. Non semella disparatado, por exemplo, chamar español ó español-castelán dende Chicago ou Riga, ou dende o alemán ou o chino, mais sí non chamarlle castelán dende Monforte, Sabadell ou Astorga, dende os propios galego, catalán ou vasco, ou mesmo dende a Constitución –que, coma se sabe, non errou nisto-.
-Tomar partido definitivo i excluente por calquera dos termos español ou castelán semella pois enmendala plana ás propias falas e a súa xente: unha belixerancia inútil e, por elo, insensata; unha “privatización” non autorizada por esa suprema Academia que é o uso oral e o contexto; unha boutade “taifa” ou “imperial” -que tanto da-; un severo daltonismo, no mellor dos casos. Porque pode que a causa de tanta visceralización estéa no feito de que nin istes termos nin algúns dos seus usuarios distingan ben entre fala e poder. Porque pode que non estemos falando do mesmo.
Coma diría Talleyrand, “peor que un crime, unha equivocación”.

Andrade, Fernando