Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O controlador que ben controlare

martes, 10 de agosto de 2010
Non gañamos para sustos, e agora os controladores ameazan con que se non se lle da solución ás súas demandas pode haber folga nos próximos días, co conseguinte caos na navegación aérea no mes máis turístico do ano, de consecuencias imprevisibles.

Sendo por controladores ou pilotos, o negocio de voar está sempre no aire , de xeito que as compañías poden perder cantidades importantes pero moito máis perde o público viaxeiro en diñeiro ou datas de vacacións, perdendo tamén estes colectivos de cara ó público na consideración popular pola súa volubilidade e intención de presionar.

Cando se fala de salarios de douscentos mil euros ó ano poucas razóns pode haber para descontento ou diferencias coa patronal. Por moita especialidade que se necesite, por moita dedicación, por moito stress que a actividade xenere, ninguén comprenderá a creación de dificultades nestes momentos de crise, nestes momentos de verán, por pura conciencia de clase.

O 98% dos controladores propón ir á folga se non se conseguen resultados favorables ás súas posturas profesionais. Como non é previsible un acordo en tal sentido, poñámonos no peor, quedando no aire -De novo, “no aire”- o destino de milleiros de persoas que dependen do seu traballo para viaxar de ida ou volta ás vacacións ou ó traballo.

Ben farán os controladores en controlarse, que de seguir nesta situación tensa ano tras ano obrigarán á Administración a tomar medidas no sentido de buscar sustitutos ampliando un colectivo que canto máis numeroso sexa menos exclusividade vai detentar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES