Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As forzas de seguridade

jueves, 29 de julio de 2010
Os gobernos dispoñen de forzas que se constitúen en brazos executores das súas disposicións, nos casos de infracción grave, e son elementos básicos para o mantemento da orde público. A súa mesma existencia constitúe unha garantía desa seguridade, como elemento disuasor para os posibles delincuentes.

Parece lóxico que tendo este papel as forzas de seguridade gocen de status especial, e non sexan de dominio público determinados aspectos relacionados co seu funcionamento, a súa dispersión e mesmo o número dos seus membros e os cometidos ós que se dedican.

Parece logo un contrasentido algunhas informacións que se teñen difundido recentemente, en relación coa policía autonómica que entendemos non convén poñan en tela de xuizo a cantidade dos membros e a súa dotación.

A memoria da Policía autonómica fala de escasez de postos de dirección e mando, critica que funcionarios policiais estean destinados a funcións administrativas, e informa de ter descendido o número de axentes e ata da elevada idade media dos axentes.

O balance que a mesma Policía Autonómica efectúa anualmente serve para a discusión entre os gobernos autonómico e nacional, en relación co papel e a participación económica de cada parte, xa que mentras o goberno nacional aboga polo reparto do custo de persoal, o autonómico estima que só ten que aboar o custo do material, se ben a aspiración básica e permanente é a de contar cun corpo de policía propio como ocorre no País Vasco e en Cataluña.

Non é bo para o corpo de seguridade procedente da Policía Nacional e adscrito á autonomía galega andar na boca das xentes, na discusión dos políticos, rebaixando a consideración popular sobre ela, e deixando clara a súa situación de minusvalía funcional. Son temas que non se deben tratar á lixeira, que teñen que ser froito de discusións e xestións razonadas e caladas, para poder ofrecer a imaxe e a dignidade que un corpo de seguridade debe presentar sempre hacia o exterior.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES