Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viñedos na mariña

lunes, 26 de julio de 2010
Noutros tempos a existencia na Mariña de grandes extensións de terreo dedicados ó cultivo da vide, é unha realidade histórica verificada por numerosos documentos. Según o historiador e cronista oficial de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar e Guitián, a causa da desaparición do viñedo por estes pagos foi sen dúbida a filoxera e outras enfermidades que arrasaron o viñedo dos vales da rexión galega en época recente A principios do século XX Lence escribía: “Hoxe a producción é nula por completo. Sen embargo nos veciños vales de Lourenzá e Valadouro e nalgunha aldea de Foz, vense fermosos parrais que producen, aínda sen coidado algún, uvas de aceptable calidade que se venden en mercados e feiras, empleándose algún en facer mosto de pésimas condicións por coller a uva en mala sazón”. Para refrendar a tese da existencia de viñedos na comarca, Lence Santar recurre a diversas testemuñas: según o Padre Flórez, recoñecido historiador, o Bispo Nuño II, cuio pontificado durou de 1261 a 1286 fundou cinco procesións anuais. Para a súa dotación sinalou a metade da igrexa de Vilaronte, os bens que lle pertencían en Abadín e Reme, atopándose entre éstes fincas de viñedos. O Prelado don Alvaro de Isorna, natural de Foz, que gobernou a diócese de 1400 a 1415 deo orde para que os colleiteiros de viño, inmediatos a Mondoñedo, puidesen vendelo libremente no mesmo. No ano 1417 o Bispo don Gil Soutelo fixo unhas ordenanzas beneficiosas para o pobo. Nelas mandábase que“as persoas beneficiadas da Santa Igrexa e mais veciños do concello poidan traer á cidade todo o viño que labraren das súas viñas”. Existen moitas outras testemuñas de cómo en tempos o cultivo da vide na zona era importante. Nunha acta do 15 de outubro de 1556, do concello de Mondoñedo, o Reximento e a Xustiza acordaron que “dalí en adiante o viño de Nois, Vilarmea e Vilaxoane se venda a catro maravedises o cartal, así como o de San Martiño, Valadouro e LourenzᔠPor aquelas datas, de tan exuberante viñedo ¿A Mariña tería o mesmo clima de hoxendía ou será que o “cambio climático” é unha constante ó longo dos séculos?.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES