Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén os políticos

jueves, 22 de julio de 2010
Foi o recentemente desaparecido Victorino Núñez o que estableceu as dúas clases existentes de falantes en galego: Os de cortello, que o aprenderon na práctica, na casa, falándoo cos labregos e mariñeiros, e os de granxa, que o aprenderon nun cursiño ou en varios.

Considerando galegos exercentes a todos os que tentan falar en galego, hai que lamentar o escaso uso que se fai en diversos sectores, mesmo na Igrexa, e a súa reducción a unha utilización cultual na política ou nos medios de comunicación, nos que a expresión pública é en galego, e a privada manifestase en castelán.

Non é extraño que o Presidente da Real Academia Galega, o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín teña abogado na súa visita ó noso Parlamento porque se fale en galego, aínda que se fale mal, que é preferible a mala utilización inicial do idioma antes que o seu abandono ou rexeitamento, precisamente no templo da gran política onde o idioma debera ser o primeiro elemento común de todos os deputados.

Falar galego é cuestión de aprendelo directamente ou a través de outros, mantelo incorporado a nós durante a nosa vida, e exercer o dereito e o deber de falalo e potencialo. Se este é un dereito e un deber individualmente, acrecentase ata dimensións insospeitadas no caso dos políticos e dos servidores públicos, onde ten que florecer a cotío.

Ben está o toque de atención do profesor Ferrín, precisamente na sede parlamentaria onde o galego debe reinar. Pode haber alguén que escoite e atenda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES