Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acollementos vacacionais en familia

miércoles, 07 de julio de 2010
A escola da vida: Acollementos vacacionais en familia

Para a maioría das familias o importante da vida é que os seus membros se atopen ben e dispoñan de todo o preciso para cubrir as súas necesidades. Pero para algunhas isto non é todo, queren que persoas que lle son alleas poidan gozar dos mesmos medios. Son as familias solidarias. Hainas que o son con maiores ou con nenos sen familiares que os poidan acoller, pero tamén as hai que acollen durante as súas vacacións nenos doutros lugares para proporcionarlles unha estadía nun medio enriquecedor e unha vida saudable.

Ano tras ano chegan a Galicia moitos nenos e mozos que viven unha vida chea de privacións e en condicións infrahumanas: nenos de campos de refuxiados, como os saharauís; de zonas destruídas pola guerra, como os palestinos, ou contaminadas por residuos perigosos, como os de Chernobil. Moitos destes cativos viven en orfanatos, pero a maioría teñen familia que non lles poden dar máis alá que unha continuidade miserable ás súas vidas, pero que son as súas familias.

O noso primeiro mundo é para eles unha visión de algo inimaxinable desde o seu medio. Poder facer correr a auga da billa pola mañá ou mergullarse nunha piscina é para os saharauís unha sensación inaudita; ver tantos coches, restaurantes, comercios, e demais parafernalia capitalista son fantasías inasumibles na maioría dos seus contornos.

Pero, como todo ten un pero, danse circunstancias en que as familias acolledoras levadas polo seu asombro ante a admiración de todos os seus acollidos, desexan que ese soño perdure máis alá do visado de entrada no país, algo que é a todas luces ilegal e que, ademais, aos seus familiares e centros de acollida éncheos de terror pola demora da súa volta, e que lles fai pensar no seu secuestro.

Todos sabemos a satifacción que nos producen as emocións fortes dos nenos e o impulso que nos dan para mantelas vivas, pero como adultos debemos conter as nosas ilusións permitíndolles o seu regreso nas condicións establecidas. A nosa solidariedade cara a cara pode ser dirixida a outros tipos de apoios ben sexan persoais sobre as propias familias dos acollidos, ou colectivos sobre as súas comunidades, xentes que non tiveron a sorte de compartir coas familias de aquí o seu día a día. Esta solidariedade expansiva é a que necesitan eses pobos para saíren adiante desde os seus territorios e coas súas propias mans.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES