Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cine e idioma

jueves, 08 de julio de 2010
Os cataláns, dos que admiramos a súa forza e impulso colectivo, veñen de aprobar unha nova lei do Cine, coa que van lograr que a metade das películas estranxeiras que se exhiban en Cataluña sexan dobladas ó catalán, como recoñecemento á forza do idioma e para a súa reafirmación.

Nada que ver con Galicia, hai que recoñecelo. Xa non que teñamos 200 pantallas de exhibición cinematográfica e que Cataluña cuadruplique esta cifra, senón que o cine alí é un fenómeno puxante mentras aquí é case residual, e estamos a loitar porque non desapareza.

Gañada a batalla da televisión en galego, coa doblaxe das películas ó noso idioma, parecía lóxico que o mesmo pasase coa exhibición cinematográfica, pero nada que ver unha situación coa outra, xa que para que puidese verquerse o cine ó galego requeriríase un forte apoio oficial a este proceso, e despois convencer ós galegos de ver cine no noso idioma, convencemento que ata o de agora non se ten producido causando extrañeza que o tema funcione na televisión e non no cine, podendo ter que ver o feito de que a exhibición e visión en televisión é gratuita mentras que o cine require a adquisición dunha entrada e a disposición a mergullarse no ambiente nunha inmersión no noso idioma.

De pouco vale que a Administración subvencione o cine galego, que se axude ós cines situados en lugares de difícil rendibilidade, que a televisión promova o cine en galego; quédanos moito camiño que andar, se é que o estamos recorrendo no sentido correcto.

Que a catalana é unha sociedade máis rica e adiantada socialmente á nosa é ostensible, que nos levan décadas -centurias- de querencia polo idioma tamén hai que recoñecelo, que alí o idioma non é un reducto de labregos ou mariñeiros, da xente da cultura ou de determinadas clases sociais ou políticas seguro que é definitivo.

O certo é que o exemplo de Cataluña, con ser admirable, non é trasplantable a Galicia, e temos que conformarnos con observar de lonxe como é posible revolucionar cunha Lei o fenómeno da séptima arte nunha degterminada comunidade.

Aquí, o idioma -e o cine- terá que agardar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES