Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, o Estatuto

martes, 06 de julio de 2010
Velaquí que estando no verán, asoma de novo na actualidade un tema recurrente que vai contribuir a que os Medios non sufran de carencia de temas, xa que os partidos políticos -que non a esixencia popular- están dispostos a dar a batalla por un novo texto que satisfaga a todos e que, en definitiva, non vai contentar a case ninguén.

O de Cataluña é un antecedente que queda moi preto e aínda vai dar moito que falar. Diante del, a verdade é que calquera galego sostén a postura de que somos o mesmo ca eles e polo tanto teremos que disfrutar do mesmo nivel de autogoberno.

Malo é que temas coma este se utilicen para que todos teñamos posta nel a atención, desviándonos doutros máis acuciantes -primun vivere- que nos aqueixan gravemente.

Polo que a Galicia se refire, lograda a fusión das caixas, sen que existan xa máis noticias que o reparto de poder entre os contendentes, parece chegado o momento de atopar outro gran tema de discusión, e os partidos velan as súas armas dispostos a atacar en canto sexa o momento preciso.

Ningún galego negará que un Estatuto é un instrumento de autogoberno e de progreso, e de que canto mellor sexa ese instrumento máis capacidade vai ter Galicia para organizar o seu futuro. O que non está claro é que o tema deba ser abordado agora mesmo cando parecería lóxico que as forzas políticas se puxesen de acordo no fundamental e aportasen ideas e esforzos para paliar unha crise que cada día se presenta máis amenazante.

Pero non, o tema do Estatuto está aí, e seguirá estando ata chegar a unha conclusión final. Agardemos que non nos perdamos -se perdan- en debates inútiles, e consigamos un documento que valla para todos. Se vale para todos, seguramente que valerá para Galicia. Que é o único importante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES