Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A socioloxía da vida

martes, 29 de junio de 2010
A escola da vida: A socioloxía da vida

Cando os sociologos falan de crecemento vexetativo para referirse á diferenza entre os nados e falecidos nunha poboación determinada, sempre me ven á cabeza o verbo vexetar ou o que é o mesmo unha vida sen alicientes. As frías estatísticas é o que teñen, falan de fotos, de situacións estáticas, cando a vida é de por si dinámica. Non se pode comprender a vida como unha foto senón como unha interacción entre as persoas e o mundo. E nesa interacción prodúcense cambios de forma continua que son os que dan moitas fotos, moitos vídeos, moita vida. Deterse nunha foto é perder de vista o dinamismo da vida. Por iso, cando se fala a partir dela de que o crecemento da poboación en Galicia, por exemplo, baixa ou sobe e, a partir de aí, fanse valoracións, achacándollas a factores como o avellentamento, a natalidade, a constitución de parellas... e, aínda sobre isto fanse previsións de futuro, todo vólvese unha insensatez.
A realidade numérica galega di que desde os anos oitenta a súa situación poboacional mantivose constante nunha banda bastante estreita, aínda que desde entón houbese moitos e importantes cambios nos seus sectores produtivos (pasamos dunhas estruturas baseadas nos sectores primarios a outras de máis peso nos secundarios e terciarios), nos seus compoñentes poboacionais (hai máis inmigración que emigración e máis adultos que nenos), e así podiamos seguir enumerando outros compoñentes.
Non dubido da Socioloxía nin das súas interpretacións, pero as relativizo bastante. Voulles a pór un exemplo máis próximo para que me comprendan un pouco mellor. Cada un de nós valorámonos en función do que pretendemos conseguir e das posibilidades que nos outorgamos para acadar os nosos obxectivos, mentres que os demais fano sobre os resultados que obtemos. O primeiro é a vida mesma, a que cada un de nós vivimos coas súas necesidades, avateres, éxitos e fracasos; o segundo é a foto que os demais vanse facendo de nós, na que non hai máis que valoracións finais. E iso é o crecemento vexetativo unha foto dun momento que non ten en conta máis que valores superficiais, que algúns chaman macro, pero que non falan dos desexos e as transformacións humanas no seu proceso individual. Vivir para ver.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES