Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non escollían os pais o idioma do ensino?

martes, 22 de junio de 2010
A escola da vida: Non escollían os pais o idioma do ensino?

Onde dixen digo, agora digo Diego. Temos un conselleiro de Educación que se fai difícil entender. Primeiro dicía que había que consultar aos pais sobre o idioma no que querían que se educasen os seus fillos, e despois de encrechar o rizo ata a extenuación, e de contar coa desaprobación de propios e estraños, agora sae con que aos alumnos de Educación Infantil que vivan naqueles lugares nos que o castelán sexa predominante, isto é, nas cidades, non se lles poderá educar na lingua na nosa lingua a pesar de que isto se fai côa consulta previa aos seus pais.

Quizais a a razón puidera ser por um problema de custos, algo que sempre poñen por diante os conselleiros deste goberno para non levar a cabo ningunha actuación, pero non, pois durante o curso que agora remata xa deixaron de concederlle as axudas que tiña previstas o bipartito (entre 1500 e 2500 euros por centro) aos que lles daban esta opción aos seus alumnos. Tampouco pode ser atribuible a o grande número de centros e o seu problema de organización e xestión, xa que no curso pasado tan só eran 44 colexios que tiñan aulas de ensino em galego, e neste quedaron reducidos a uns trinta.
Para quen goberna este goberno? O tema do idioma galego semella o seu cabalo de Troia, méteno continuamente en todas as partes. Os máis vellos galeguistas deben estar pensando a cada vez que oen falar aos dirixentes actuais “Con Franco viviamos mellor” (salve sexa a parte).

Pois nada, outra vez van abrir a caixa de Pandora. Parece que lles gusta a confrontación. Ou é que, quizais, non teñen nada novo que ofrecer e só se dedican a enfrontar para pensar que están facendo algo? Pois será porque gozamos da mellor educación que se nos poida proporcionar en Galicia. Non sería, por exemplo, máis útil divesificar o sistema ofrecendo unha oferta máis variada para que aqueles alumnos repetidores que xa non encaixan, permanezan nel sen molestar e sí aprendendo? Ou reforzar as clases de matemáticas ou de linguas con talleres ou laboratorios para os que teñen máis dificultades cheguen a acadar os obxectivos educativo? Ou será que non se len os informes de PISA e da OCDE? Ou que lles é máis fácil aconsellar aos profesores suban a nota aos seus alumnos aínda que estes non consigan facerse cos coñecementos, por que polo menos así parecerá que si melloramos neses informes aínda que sexa unha falacia?.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES