Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas visións

lunes, 14 de junio de 2010
Ninguén ten fórmulas milagrosas para sair do pozo mouro no que económica e socialmente estamos inmersos. Ninguén as ten, quizais porque non existen. Ou non damos con elas.

Non sabemos ben se están experimentando connosco ou están absolutamente convencidos das fórmulas a utilizar, pero aí estamos, sometidos a forzas que non só non controlamos senón que nin sequera somos quen de calibrar, e para loitar contra elas as accións dos gobernos, experimentais, non parecen ter a forza precisa para o combate, e menos para unha loita a morte.

O goberno de España está empeñado nunha campaña de restricción de gastos, entendendo que a Administración debe adelgazar, aforrar, restrinxir por riba de todo, aínda tendo en conta que normalmente a acción gubernativa promove actividade das empresas de xeito que cumprindo os seus obxectivos de xestión e administración xenera unha forte dinámica no sector privado, beneficiado indirectamente pola súa actividade.

Pero Zapatero está por restrinxir investimentos, diminuir actividade, mesmo suprimir ministerios, para lograr equilibrar os presupostos, como todos os organismos supranacionais aconsellan ou ordenan.

Certo que tamén se procura un incremento de ingresos, dando unha volta de tuerca ó Ive, aumentando a porcentaxe de imposición sobre as rendas máis altas, pero o maior énfase ponse na reducción de gastos.

Por outra parte, o goberno galego da un exemplo de cómo se pode intentar resolver o problema utilizando precisamente as armas ó seu dispor na dirección contraria. E para reactivar o mercado da vivenda, a decisión tomada polo goberno galego está por reducir os impostos, de xeito que resulte máis doado a adquisición dos milleiros de casas que agardan por un comprador.

Quizais as solucións non son radicais, branco ou negro, unha postura ou outra, senón na axeitada conxunción da reducción de gastos e incentivación dos investimentos e do consumo. Porque as restriccións provocan máis restricción, xenerando conciencia de crise, provocando aforro non investidor, e colapsando os procesos económicos.

Dúas visións contrapostas poden ter conxunción xeitosa, e por ela está agardando todo o mundo. Por esa conxunción, que pode sair dunha posta en común de criterios, dun pacto polo país, dun diálogo sincero entre goberno e oposición, entre todos os gobernos con todas as oposicións. En tanto, seguimos agardando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES