Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo vale?

jueves, 10 de junio de 2010
Estamos os cidadáns de a pé cansados de que por riba de nós pasen os cañonazos que se dirixen inmisericordes os líderes políticos, con calquera disculpa ou sen ela, tentando bater ós adversarios como primeiro fin moito máis definido que o traballo diario de impulsión e progreso que todos coidabamos terlles encomendado.

A artillería pesada de todos os grupos políticos -ninguén se libra- dispara ó nivel de todas as cotas, desde o máis humilde concelleiro local hasta as máis encumbradas presidencias. E a pólvora en salvas, que tamén fai ruído, resoa nos nosos óidos impedíndonos escoitar os marmurios rumorosos dos pequenos acontecementos que todos os días suceden arredor de nós.

Os cañonazos poden referirse ós automóbiles oficiais dos que disfrutan os políticos de diversas institucións, ós soldos e previstas rebaixas, ás conductas máis ou menos rechamantes, ós aprobados en calquera examen ou oposición que teñen un color definido... Pero botamos en falta en toda esa faramalla a concreción en temas determinados que verdadeiramente nos afecten, a formulación de propostas razonables, o apoio de iniciativas dos que pensan diferente pero teñen boas ideas, a racionalidade en fin.

Preguntámonos se todo vale na política, menos o que verdadeiramente interesa. E preguntámonos cando se darán conta os que rexen os grupos políticos de que ou se poñen de acordo no esencial ou non teñen futuro. E preguntámonos cando o exercizo da política vai deixar de camiñar cara ó desprestixio.

¿Todo vale? pois non. E poden seguir disparando con salvas ou cargas de profundidade. Que os que vemos pasar os disparos, aínda que sexan a gran altura, sabemos -Novoneyra dixit- que a política pode ser outra cousa. Daquela, verdadeiramente, Galicia será outra cousa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES