Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bandeiras azuis

miércoles, 09 de junio de 2010
Todos os anos, as praias máis destacadas do país, de toda Europa, agardan a decisión oficial que lles permita seguir figurando en lugar de honra entre todas as planicies costeiras. Esta decisión chega en forma de “bandeira azul”, trofeo que se concede ós areáis -agora tamén ós portos deportivos- que manteñen condicións axeitadas para a súa utilización por parte do gran público, polos servizos, coidado, salubridade e xestión do medio ambiente.

Da zona europea cun total de 3.511 bandeiras, España ten algo máis da sexta parte: 605. E destas, Galicia algo máis da quinta parte, xa que este ano ven de obter un total de 122 para outras tantas praias e 10 para portos deportivos.

Se o número pode parecer elevado, pensemos que Galicia ten arredor de 750 praias que veñen ser a cuarta parte das existentes en España. Parece de xustiza, ou alomenos non desmesurado que 122 destes areáis mereceran do organismo competente atención especial e distinción consecuente.

Para Galicia son outros tantos avais que acreditan que seguimos a ser a Comunidade autónoma que desperta maior atención entre os turistas españois, na que máis se valora a natureza, na que as praias son un elemento máis que valorar á hora de apreciar un conxunto natural e humano que atrae irresistiblemente e provoca simpatía e lembranza.

Un total de 132 bandeiras azuis tremolarán ó vento neste verán que está a piques de comezar. Son elementos de prestixio turístico e social. Son recoñecementos ó traballo ben feito por institucións e particulares que revertirán en beneficio de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES