Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peregrinatio

jueves, 03 de junio de 2010
Quere a tradición que os peregrinos a Compostela só poidan efectuar o seu peregrinar a pé, a cabalo ou en bicicleta, nunca en automóbil, xa que o feito de peregrinar precisa de dificultade física, e enténdese que conducir un automóvil non é precisamente un esforzo.

No contorno vilalbés, os últimos días, rexistráronse desplazamentos importantes que poderían considerarse peregrinacións, utilizándose na maioría dos casos os métodos tradicionais, polo que cabe supoñer que se cumpriron os requisitos para que os peregrinos poidan considerar efectuada unha viaxe-peregrinación con todas as da lei.

Houbo viaxes a pé, o xeito máis tradicional de viaxar ou peregrinar, centrando a atención dos viaxeiros na igrexa dos Milagros de Saavedra, que a pesar de ter celebrado a súa festa a semana anterior rexistrou nesta pasada fin de semana unha afluencia desusada, tendo acreditado que boa parte dos viaxeiros procedían de Vilalba e en xeral da Terra Chá, que evitaron os agobios do propio día da santa pudieron efectuar a súa peregrinaxe en condicións de relativa tranquilidade.

Houbo viaxes a cabalo, tamén xeito tradicional de peregrinar, nas que medio cento de cabalistas fixeron a ruta do San Adriano, ata a ermida do santo na parroquia de Goiriz, organizados polo club Amigos do Cabalo, na que hai tanto de devoción polo santo como gosto pola práctica da equitación. E se os viaxeiros a pé que acudían ós Milagros chamaron á atención polo seu esforzo e forza vital, os que cabalgaron ata o santo Adriano tiñan o valor engadido da fermosura estética das cabalgaduras cos seus xinetes, estampa xa inusual nestes tempos tan mecanizados.

Pero quen máis chamou a atención foi o conxunto de moteiros que, como cada ano, se xuntaron en Cospeito, e levan xa oito en concentracións multitudinarias.

O cine tennos ofrecido unha imaxe dos moteiros que, afortunadamente, nada ten que ver cos que aquí se xuntan, e en lugar de cabaleiros mecánicos desastrados que arman bulla en calquera lugar por onde pasan, temos aquí cada ano douscentos moteiros de España e Portugal, xente de orden, convocados pola asociación de policías moteiros "Lagoa de Cospeito", que teñen xa conseguido carta de natureza e acreditan unha celebración que cada ano que pasa se consolida e cobra máis forza. Sinal de que son xente de orde é que todos eles pertencen ás forzas de seguridade -policías e gardas civís pola parte hispana-, e a súa xuntanza contou coa presencia do Subdelegado do Goberno en Lugo, o Comandante da Garcia Civil da Coruña e o Xefe de Tráfico de Galicia. E a comitiva participou nunha chamada "misa moteira" na localidade do Santo, e todos eles visitaron o parque de Sotavento para coñecer de preto as novas tecnoloxías eólicas.

Posiblemente a esto non se lle poida chamar peregrinación, xa que nin os obxectivos son a veneración de ningún santo visitando o seu santuario, nin a utilización dunha máquina coma a moto é homologable nunha peregrinación tradicional.

Recapitulando, velaquí tres xeitos de itinerancia peregrinante que en Vilalba tiveron carta de natureza estes pasados días: a pé, a cabalo e en moto. Que nestes tempos de trashumancia turística, cultural ou relixiosa, son para ter en conta comprobando que esto se move a pesar da crise, que o esforzo colectivo desperta interese e simpatía, e que -parafraseando a famosa frase de quen move as pernas move o corazón- visto está que o corazón é quen move todas as nosas actividades, facendo que detrás del vaian todas as nosas forzas e movementos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES