Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mileuristas

viernes, 04 de junio de 2010
O concepto de “mileurista” prendeu fortemente na nosa sociedade para denominar á persoa que gaña arredor de mil euros ó mes, quince mil ó ano contando as tres pagas extraordinarias.

Pode entenderse como un salario básico para a vida normal, aínda que o promedio galego está en 18.100€, e a consideración social ven sendo que por baixo dos 15.000€ ó ano se está en situación de pobreza e superando eses 15.000€ éntrase no umbral da normalidade, da prosperidade, nos niveis de consumo e rendibilidade social.

Pero en Galicia existe case medio millón de traballadores que non chegan a esa cifra máxica dos mil euros mensuais, e son 450.904 os que cobran por debaixo dos novecentos euros/mes.

As cifras de que se dispón son do ano 2008 cando aínda esta crise na que estamos inmersos non tiña demostrado todo o seu poder destructor, polo que cabe supor que agora mesmo os datos non melloraron.

Arredor de cento cincuenta mil galegos gañan ata 300€ mensuais, cento trinta mil de trescentos un a seiscentos, e cento sesenta e sete mil de 601 a 900, en frías e duras cifras que reflicten subdesenvolvemento, infraempleo e carencia do máis elemental. Que moito pode haber polo medio de economía sumerxida, de ocultacións a Facenda, pero tamén de realidade social que ten moito que mellorar.

Ser mileurista para case medio millón de galegos é unha ansia, unha esperanza. Para os poderes públicos, unha urxencia e un deber.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES