Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novas no tráfico

miércoles, 02 de junio de 2010
Diante das novas disposicións sobre o tráfico rodado, ninguén da por feito que se trate de normas para facilitar a circulación, reducir ou eliminar os accidentes, e reducir ou eliminar polo tanto a sangría que suponen para a sociedade os sempre demasiados mortos que o automóbil provoca.

Sabido é que as limitacións na velocidade, non sempre axeitadas á realidade da circulación, teñen ido acompañadas dunha reducción drástica nos mortos nas estradas, ó que tamén contribuiría a mellor formación dos conductores, a perfección paulatina dos vehículos e a mellora nas estradas.

Cabría pensar, pois, que as normas que agora entraron en vigor afondan no problema e redundarán nunha maior reducción dos accidentes, e así desexamos que sexa porque a morte na estrada é un dano irreversible para a sociedade e unha traxedia para cada familia afectada.

E sen embargo o que máis chama a atención -e daí a presunción de intención recaudatoria de xeito especial- é que cada multa que se impoña, no caso de ser pagada no prazo de vinte días, renunciando á súa reclamación ou recurso, experimentará unha bonificación do cincuenta por cento como desconto de pronto pago.

Xa sabemos que as multas leves costarán cen euros, as graves douscentos e as moi graves cincocentos, aínda que se especifica ben claro que o diñeiro que se recaude irá destinado a políticas relacionadas coa seguridade vial, con atención ás víctimas de accidentes a través das asociacións que os representen.

O tráfico está de actualidade, vestindo novas roupas legais que o regulamentarán nos próximos anos. De que resulten froitosas depende de todos nós, do comportanmento na estrada ou na rúa, peatóns e conductores, en todo momento, en todo lugar. Hai novas no tráfico, que a todos nos afectan. Por responsabilidade, ou por medo ás multas e retirada de puntos, debemos acatalas sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES