Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gratuidade en Internet

miércoles, 26 de mayo de 2010
O nacemento de internet marcou o avance definitivo no mundo da comunicación, facilitando o ata entón imposible efecto de acción-reacción (informativas), conseguindo un alcance mundial só limitado polo idioma utilizado, levando gratuitamente urbi et orbe formación, información e lecer, cultura ó fin.

A crise que afecta gravisimamente ó mundo da información, tamén afecta a Internet, aínda que polo que se ve en menor medida. Pechan xornais, concéntranse emisoras de radio ou televisión, e sen embargo Interner multiplícase ata o infinito, porque as infraestructuras e polo tanto os custos son menores, e os destinatarios da información non precisan máis ca un ordenador e conexión á Rede.

A crise que non é só galega ou española senón europea e mundial tamén afecta ó sector ó que este medio pertence, obrigando a unha innovación contínua, a un esforzo permanente para seguir manténdose e medrando nun mundo cada vez máis problemático.

As últimas novas sobre o sector veñen de moi lonxe do espazo que centra a nosa atención, xa que se refiren a que o xornal estadounidense The New York Times vai cobrar por ver os seus contidos en internet a partir do próximo primeiro de xaneiro como xa teñen feito The Times ou The Wall Street Journal, á vista da caída da publicidade orixinada pola xa mencionada crise.

As iniciativas similares dentro do Estado español non parecen ter tido por agora demasiado éxito, se ben todos somos conscientes de que no futuro será imprescindible que os contidos en Internet sexan de pago ou obteñan unha remuneración deste tipo.
Son pasos que hai que seguir, tempo ó tempo, e os grandes irán marcando a pauta a seguir. Quédanos moito camiño que andar, e nós estamos dispostos a seguilo recorrendo “gratis et amore”, no mundo de Internet.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES