Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libres da SGAE

martes, 25 de mayo de 2010
A Sociedad General de Autores de España tense convertido nun auténtico azoute de entidades, empresas ou particulares que utilizan publicamente algún tipo de música sometida ó pago de dereitos do que a sociedade é titular.

Que algo hai que dicir en relación co traballo desta entidade e no favor desta empresa que ten representacións provinciais desde que temos memoria e de senmpre exerceu inspección detida e meticulosa en todo tipo de actividades festeiras ou non nos que houbese utilización musical, destacando a necesidade de que as emisoras de radio declarasen os ingresos por notas necrolóxicas para cotizar como entidades que utilizan música na súa programación habitual. Se son agora tan problemáticos é por eficientes no seu traballo, no que moitos consideran que se extralimitan.

Andan os músicos do Concello coruñés de Cerceda preocupados por eses dereitos que a Sociedade di defender, e tentan conseguir independizar aquel territorio desta sociedade, proclamando ó concello como “Cen por cen libre da SGAE”.

Non pode ser a SGAE tan feroz como a pintan, xa que só pode intervir nos dereitos que ten encargado defender. E todo creador que posúa música feita por el, que queira non ser defendido por esta entidade non pode ser obrigado a ser rerpesentado por ela.

Que moitas veces se considera á Sociedad como a única defensora dos dereitos dos creadores, cando non é máis que defensora dos que lle encargan ser defendidos. E outras entidades hai que se encargan da defensa e intervención en parcelas culturais sobre as que teñen competencias.

Ser libres da SGAE significa non utilizar música sobre a que esta entidade ten dereitos. E os creadores de Cerceda parecen estar nese camiño, utilizando música propia, sobre a que teñen dereitos exclusivos. E a asociación cultural Lucerna defende a música libre, como hai programación en Internet libre pola que non hai que cotizar.

Os de Cerceda son os primeiros de Galicia. Pero seguro que non serán os últimos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES