Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un 'Plan Aído' para Ourense

martes, 18 de mayo de 2010
Lin que o conselleiro de Presidencia veu nantronte a Ourense para empezar a escribir a letra pequena do “contrato” que Alberto Núñez asinou hai unhas semanas coa provincia cando presentou o as liñas mestras do proxecto que el mesmo denominou “Impulsa Ourense” e que seica nos vai aproximar economicamente ó futuro con algo máis de garantía.

Agora, ese plan -que en semellantes termos reequilibrantes fora presentado tamén en Lugo- seica vai ser interpretado seguindo a partitura do vello Plan Estratéxico que hai anos promovera a Deputación provincial a través do Inorde e que, como lles acontece a tódolos plans estratéxicos que nacen sen amparo orzamentario, acabou durmindo unha alongada sesta nun caixón do Pazo.

Evidentemente, máis alá do escepticismo persoal ou colectivo co que teña sido recibida esta decisión -que, como tódalas decisións políticas, está suxeita a interpretación-, resulta lóxico valorala no ámbito da coherencia, tendo en conta que a alternativa seguramente había ser a de encargar un novo estudo que nos tería outros dous ou tres anos -é dicir, outra lexislatura- sen pasarmos do escenario do papel no que a provincia de Ourense leva tanto tempo acar-tonada.

Aínda que cando foi redactado o devandito plan eu participei nalgunhas reunións de traballo, loxicamente non o coñezo polo miúdo e, polo tanto, non sería prudente pola miña parte definirme nin a favor nin en contra do mesmo, aínda que o que si lembro é que estaban bastante ben estructuradas as personalidades económicas de cada comarca, a partir duns eixos dinamizadores que tiñan epicentro -creo- na capital, en Valdeorras e no conxunto Verín-Chaves.

Agora ben, máis alá de volumi-nosos plans estratéxicos, se Alberto Núñez quere impulsar Ourense cara o futuro, eu permítome humildemente darlle unha receita que vou denominar “Plan Aído”, por aquilo da igualdade: Cada vez que lle diga si a algún proxecto estratéxico de Pontevedra ou da Coruña, que saiba que ten que dicirlle si, tamén, a outro proxecto estratéxico de Ourense.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES