Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embargos

martes, 18 de mayo de 2010
En teoría, os bancos perseguen o lucro dos seus accionistas propietarios mentras as caixas de aforro, de natural benéfico, non perseguen o beneficio directo senón prestar un servizo público que algunha vez chegou a ter a denominación de "Monte de piedad".
O comportamento de bancos e caixas é similar de cara ós seus clientes, especialmente cando estes non poden cumprir cos seus compromisos de devolución dos cretos obtidos e o pago dos xuros correspondentes.

E dase o caso -sempre a maldita crise- que arredor de dúas mil empresas ou particulares galegos non pudieron facer fronte ó pago das súas obrigas derivadas de operacións inmobiliarias durante o ano 2009, e perderon as propiedades adquiridas por medio dun creto hipotecario. E aínda que Galicia resulta ser a quinta comunidade hispana na que menos se incrementou a morosidade no pasado exercizo, o aumento dos embargos de propiedades en Galicia superou nun 50% ós de 2008.

Por esta acción emprendida polos bancos e Caixas contra os debedores, as entidades crediticias convértense nos maiores propietarios de locales comerciais e pisos que deben vender rapidamente, xa que ese non é o seu negocio, e estas propiedades lastran a súa actividade normal de comerciar con diñeiro e investir.

Como as entidades non teñen unha canle comercial para estas propiedades recibidas de xeito impensado, teñen que sacalas ó mercado dun xeito case subrepticio, que tampouco é como para poder presumir que unha entidade posúa determinadas propiedades produtos de embargos, quedando o comercio nun ámbito reducido e beneficiando a un determinado estamento ben relacionado que é o que consegue acceder a unha información cuasi privilexiada.

Eso, cando non son os subasteiros profesionais os que se fan con este tipo de propiedades, operadores expertos nun mercado libre e legal ó que poucos ousarán poñer razoablemente algún tipo de tacha.

Os embargos son unha desgracia, demostración palpable da crise do sistema, da relación persoal, e mesmo do sistema de traballo dunhas entidades que -aínda que o seu fin sexa o negocio puro e duro- tiñan que ter máis flexibilidade, axilidade e sensibilidade. Que xa sabemos que é moito pedir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES