Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rumores

lunes, 17 de mayo de 2010
Sempre os rumores foron tan poderosos como as páxinas dos máis influentes rotativos ou as canles televisivas de alcance nacional. Os rumores, interesados case sempre, marcaron a nosa vida e, xa en democracia, seguiron tendo unha grandísima influencia.
Na actualidade, os rumores seguen a imperar, últimamente no eido da economía, e hai poucos días un deles puxo nun forte apuro á Bolsa afirmando que España tiña problemas importantes e ía precisar axuda dos seus socios comunitarios para facer fronte a uns compromisos por unha débeda de douscentos oitenta mil millóns de euros.

Que Europa ten problemas está claro, sendo Grecia o país que máis ostensiblemente os padece, seguíndoo Portugal, pero nada ata agora hai de certo neso de que España vaia a continuación. Pero basta con que un destes rumores interesados salla ó mercado en calquera praza europea para que os que xogan en bolsa e entenden de números, procedan en consecuencia prourando obter ganancia de pescadores no río revolto da economía de Europa. Sen esquecer que hai especuladores poderosísimos que tanto ousan atacar ó dólar coma ó euro, de xeito que poñen en apuros a todo un sistema económico a cambio de obter sustanciosos beneficios.

Daí o acordo da Unión Europea de crear un fondo de reserva multimillonario que permita enfrontarse ós grandes especuladores e ás operacións bursísticas que fagan perigrar o sistema.

Magoa que unha decisión así teña que ser tomada e que se faga pública, porque evidencia que por moi poderosos que sexan os estados membros da unión, moi fortes as súas economías e moi sólida a Unión, hai forzas económicas aínda máis poderosas que, buscando un lucro persoal, poden levar á bancarrota a nacións enteiras coma a nosa.
Esto non é un rumor. Que hai xente poderosa enfrontándose ás economías dos países, é verdade. Que ás veces conseguen o que se propoñen tamén. Agardemos que agora, dunha vez por todas, se establezan os mecanismos precisos para protexer os nosos intereses colectivos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES