Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Magnificencia

viernes, 14 de mayo de 2010
Son cousas do protocolo, da pompa e tradición da institución, pero é curioso que o Rector dunha Universidade teña o tratamento de “Magnífico” nos tempos que corren. Pero así é, e o Rector da Universidad de Compostela é “Magnífico e Excelentísimo Señor”.

Ven de celebrarse a primeira volta das eleccións ó goberno da Universidade compostelana, cunha expectación e participación nunca antes experimentada. Sete candidaturas houbo, polo que o voto estivo necesariamente repartido e obrigará a unha segunda volta que se vai celebrar o próximo vintecatro de maio.

As candidaturas de Juan Casares Long (independiente) e Lourenzo Fernández Prieto (Universidade Aberta), obtiveron respectivamente o 26,38 e o 20,77%, se ben esa porcentaxe non reflicte exactamente a diferencia de votos (1.483 sobre 1.473), polos votos “ponderados” nos que algúns sectores de votantes teñen máis peso específico ca outros.

Con ser as eleccións máis reñidas da historia democrática da institución en canto a candidaturas, tampouco os posibles votantes se evidencian arrebatados xa que votou só algo máis do trece por cento do censo electoral, o que supón un progreso xa que nos anteriores comicios -2006- votou pouco máis do dez por cento.

Falta que os alumnos se impliquen directamente nunhas eleccións que tan directamente lles afectan, porque mentras que do profesorado con nivel de doutor votou algo máis do 84%, o 77% dos non doutores, e o 90% dos profesores contratados, os alumnos universitarios non chegaron ben ó 6%.

O tema vai con todos, pero parece como se os alumnos considerasen que estar só temporalmente nunha institución como a Universidade os arredase das súas responsabilidades, do seu goberno, e das decisións que en relación con eles se toman.

Os futuros gobernantes da Institución toman moi en serio o goberno desta, e confeccionan candidaturas que representan a Converxencia Universitaria, Plataforma Universitaria Progesista, Universidade Aberta ou acoden -catro delas- de xeito independente. Cinco quedaron xa no camiño, e só dúas, unha delas precisamente independiente é a que figura no primeiro lugar, pasan á elección definitiva.

O tratamento do Rector é o de “Magnífico”. Gustaranos comprobar que ese mesmo tratamento o merece o comportamento dos que interveñen no proceso electoral, o comportamento dos gañadores e perdedores, e especialmente o resultado do seu traballo dentro de catro anos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES