Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voces na política

martes, 27 de abril de 2010
A estructura piramidal dos grupos políticos supón que os militantes fagan expresión das súas opinións dentro dos órganos correspondentes, e non se permitan as discrepancias públicas a menos que se desexe entrar nun especial apartado de militantes expostos a que se lles instrúa o correspondente expediente.

Por eso, os medios informativos atenden de xeito especial ós militantes dos grupos políticos que se desmarcan dos órganos de goberno e publicamente se opoñen ás directrices da forza política á que pertencen, e esa atención aumenta proporcionalmente ó lugar que o militante ocupa no escalafón político, pola súa relevancia actual ou pasada.

O último exemplo, por agora, de enfrontamento dun militante destacado co aparato da forza política á que pertence, témolo en Xosé Manuel Beiras, que ven de pronunciarse duramente contra o Bng acusándoo de fomentar o divorcio entre o nacionalismo e a sociedade, sendo invitado polo voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, a abandoar o bloque nacionalista se non está de acordo coa situación interna e decisións dos cargos do partido.

Quen, como Beiras, foi cabeza visible dunha forza política -o mesmo que outros políticos que deixaron de ter tarefas de responsabilidade pública- ten que medir as súas intervencións, sabendo a resonancia que van conseguir pola súa personalidade e polo que chegaron a ser. Pero enfrontarse a estas alturas cos representantes actuais pode facer extemporáneas as súas manifestacións, e facer sospeitar que poden ter máis trasfondo que o que se vai coñecendo.

Nada máis agresivo para un dirixente político que a opinión contraria dos seus antecesores. Que teñen todo o dereito político a facer públicas as súas opinións. Pero tamén teñen todo o deber de lavar na casa todos os trapos suxos, se o que pretenden é que o seu partido corrixa erros e non demostrar que todo o que veu despois deles é peor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES