Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos contra o embalse do Navia

martes, 20 de abril de 2010
Hai case sesenta anos, en 1951, a sociedade Saltos de Navia conseguiu a concesión do aproveitamento hidroeléctrico do Rio Navia, para a construcción dunha presa xeneradora de enerxía.

Desde entón o pobo de Navia de Suarna e toda a comarca están expostos a unha espada de Damocles que de cando en cando asoma o seu filo ameazando con tronzar a vida das súas xentes.

Cando todo empezou, a furia embalsadora do franquismo estaba no seu máximo apoxeo. Aínda non fora asulagado Portomarín; aínda Castrelo do Miño en Ourense non fora nova de primeira páxina en todos os xornais. Desde entón, nada é igual en Galicia, os embalses deixaron de ser o primeiro elemento de produción de enerxía, as enerxías eólica e solar asomaron no panorama galego, e Navia foi quedando no esquecemento.

O Navia xa ten ben cuberta a súa cuota de embalses cos de Salime, Arbón e Doiras. E Navia de Suarna tense manifestado repetidas veces contra o embalse, sendo as manifestacións de finais dos anos setenta os máis enérxicos rexeitamentos populares ata agora dunha obra que faría desarraigar á maior parte dos habitantes de Navia de Suaerbna.

Os concellos lucenses de Navia e A Fonsagrada, e o asturiano de San Antolín de Ibias, son os afectados por este novo Guadiana que aparece e desaparece como amenaza a toda unha comarca, na que xa se están dispoñendo de novo á loita neste momento en que a documentación correspondente está sometida a información pública.
Os concellos téñense pronunciado en contra. As poboacións rexeitan unha obra que coidan innecesaria e improcedente. E agora entrou no tema a Deputación Provincial de Lugo, da que o seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, se ten manifestado recentemente en contra do embalse e anunciou in situ a oposición do organismo provincial a este atentado contra a provincia e o medio ambiente, que sería gravísimo por formar parte este territorio dun conxunto recoñecido como Reserva da Biosfera.

Sesenta anos de loita son moitos anos en pé de guerra na defensa dos intereses dun pobo e a súa comarca. A guerra empeza de novo, agora cun frente común formada polos naviegos, os concellos afectados e a Deputación Provincial de Lugo. Será difícil, pero ninguén dubida da victoria dos que teñen a razón na defensa da natureza, das terras do Navia, da forma e medio de vida das súas xentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES