Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Porta de Cima

viernes, 16 de abril de 2010
O tema da circulación na Porta de Cima, ten dado ben que falar nos últimos tempos.

Na miña estadía vilalbesa, o tráfico non orixinaba o máis mínimo comentario, e por alí circulaban os escasos vehículos existentes con total liberdade.

Certo é que o máis asiduo dos vehículos automóviles debía ser un camioneto que tiña o irmao da Julia da Leitería, que transportaba produtos para os veciños, especialmente leña taqueada que partíamos na mesma rúa porque prácticamente non estorbábamos a ninguén.

Coido que só unha vez se atreveu a pasar pola miña rúa un camión de máis que mediano tonelaxe que, coas dificultades da circulación, enganchou nun balcón da miña casa movéndolle unha das pedras.

Podíase circular nas dúas direccións, e se algún obstáculo se atopaba, maniobrar ou volver cara atrás ata o primeiro cruce.

Tardou ben en chegar a dirección única, xustificada pola estreitez da vía e a afluencia de automóviles que xa non permitían circular en ámbolos dous sentidos.

Aínda serían noticia logo as carreiras que desaprensivos automovilistas emprendían polas noites, ás tolas, pola miña vella rúa, varias veces centenario Camiño a Compostela, nunca pensada para ser escenario de tales manobras.

Pois agora, polo que parece, o próximo paso pode ser a súa peatonalización como parte do casco histórico vilalbés, da que se vai facer proba durante as obras de restauración do pavimento para facelo acorde co contorno e co seu carácter.

Por agora é só unha proba, pero xa podernos ir acomodando á peatonalización, destino ineludible de todos os cascos históricos, que só terá como excepción o acceso para residentes e urxencias.

En canto ás obras, tamén teñen o seu aquel, que ben leva cambiado a fisonomía da rúa no decurso do tempo que eu recordo. Dun pavimento de lanchas de máis dun metro cadrado pasouse ó cementado da vía, quizais a comezo dos anos sesenta, volvendo moito máis tarde ó pavimento actual para pasar agora ó que se agarda definitivo xa que a obra contempla, ademáis do pavimento, lineas soterradadas para servizo telefónico, cableado eléctrico e tuberías para o subministro de gas cidade.

A peatonalización ten moitas vantaxes pero tamén algún inconvinte como temos comprobado por exemplo en Lugo, onde o comercio pode verse restrinxido ó arredarse aqueles conductores que non saben camiñar uns metros para facer as correspondentes compras. Pero tampouco a Porta de Cima é precisamente unha rúa comercial.

Que por agora é unha medida provisional pero non cabe dúbida que acabará -agora ou máis tarde- por ser definitiva, que a vida non ten marcha atrás.

E se os intereses dos residentes están cubertos, os que utilicen esta rúa como simple vía de circulación, teñen outras non lonxe, entrelas a nova que vai desde o Auditorio ata preto do Asilo para circular máis rápido e máis comodamente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES