Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os alcaldes e o galego

miércoles, 14 de abril de 2010
De tódolos alcaldes e alcaldesas que coñezo -e dou fe de que coñezo uns cantos- non me ven agora á idea ningún rostro que utilice habitualmente o castelán como lingua vehicular cos seus veciños.

Ben é certo que non coñezo nin ó da Coruña nin ó de Ferrol, nin ó de Vigo (todos eles dun mesmo partido e todos eles castelanófilos, ¡deixémonos de hipocresías!), e que todos aqueles cos que manteño algún contacto, forman parte dese arco socio-xeográfico que se ten dado en chamar Galicia rural e, polo tanto, son máis proclives ó uso do galego coloquial ca do castelán nas súas relacións, tanto persoais como administrativas.

Fágoos hoxe protagonistas porque o próximo venres os 315 mandatarios que se espallan por esta Galicia tan necesitada de intermediarios (xunto ós catro presidentes das Deputacións) están convocados pola Fegamp no Hostal dos Reis Católicos para referendaren un manifesto asinado en maio de 1984 polos seus antecesores, que tivo como obxectivo naquel intre o de comprometerse a promoveren o uso do galego de forma normalizada na vida cotiá dos seus Concellos.

Sen lugar a dúbidas estaría cometendo un acto de fariseísmo coa recente historia de Galicia se non lle tributase agora un recoñecemento explícito ó papel vital que os alcaldes e alcaldesas de tódolos partidos políticos xogaron ó longo destes 25 anos para trasladar ó ámbito da normalidade algo que non era normal ata daquela, como foi introducir o galego na vida municipal tanto coloquial como administrativa.

¡Ogallá outros moitos sectores sociais chegaran a ter acadado o grao de uso que teñen hoxe os municipios!

É por iso que (en intres coma este, tan necesitados de mediadores para desencallar o conflicto) non hai mellor perfil colectivo có dos rexedores para facelo. Máxime cando o 80% deles -e non temo esaxerar nadiña- viven con total naturalidade, dende que se erguen ata que se deitan, neste mesmo idioma no que leva vivindo máis de 8 séculos e contra tódolos elementos, Galicia.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES