Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Martiño na Semana Santa

jueves, 01 de abril de 2010
Trala corentena que supón a Coresma chega a Semana Santa. Sitúase arredor do equinoccio da primavera, e é a maior celebración do calendario entre as festas rituais de Galicia. É o tempo de renacer da natureza tras o período invernal, e este feito foi sempre festexado nas distintas culturas. Na actualidade é ésta unha celebración eminentemente cristiá, chea de connotacións relixiosas. A Semana Santa supón, ante todo, a conmemoración da morte e resurrección de Xesús.

Pódenselle atopar orixes moi antigas a esta celebración. Moisés instituira xa a Pascua para o pobo hebreo, no decimocuarto día do primeiro mes lunar do ano, en recordo do paso do anxo por Exipto e a fuxida dos hebreos atravesando o Mar Vermello. Nese día sacrificaban cordeiros e comíanos con pan non fermentado, sen lévedo. Xusto nesa noite pascual terá lugar o prendemento de Xesús e o inicio da súa paixón.

Alá polo século IV comezou a facerse a adoración da Cruz no día de Venres Santo. A celebración da Paixón de Cristo expandiuse con rapidez por toda Europa gracias, sobre todo, ó costume que promoveron os franciscanos de representa-los Vía Crucis.Tódolos rituais baseanse nestes feitos históricos e relixiosos. É tempo de fervor e piedade, pero tamén son unhas datas cheas de dramatismo e teatralidade, como se pode apreciar nas procesións.

En Galicia son moitas as festas rituais que adoitamos celebrar como un xeito mais de transmitir e manter vivas as nosas tradicións. E na nosa bisbarra ésta da Semana Santa ten o seu epicentro e a mais entreñable celebración en San Martiño de Mondoñedo, auténtico baluarte da historiografía da diócese mindoniense, marco ideal para a reflexión e o recollemento, dada a austeridade monumerntal das súas pedras. Os veciños, capitaneados pola Confraría do Desencravo, conscientes de tal realidade, e respondendo ó sentir solidario da comunidade, loitan porque tales valores humanos e espirituais transcendan ós seus descendentes. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES