Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Touriño, xoguete roto

martes, 16 de marzo de 2010
Touriño deixa a política activa, volve á docencia, volve á vidal real, co aplauso dos seus contrarios.

Non é o primeiro caso nin será o último do político que sen sabelo se xoga todo nunha elección que de antemán sabe perdida, na que depende do resultado de outros, na que de pouco vale o que un faga senón que o resultado último depende dunha infinidade de factores incontrolables.

Touriño tivo catro anos de gloria presidencial, sometida ós embates dos populares opositores e controlada ata situacións irresistibles polos enemigos e sen embargo socios do Bng.

O PP gañou as últimas eleccións por maioría absoluta, impedindo unha nova conxunción de PSOE e Bng, e de inmediato Touriño resultou perdedor -non había tanta diferencia das eleccións anteriores- pasando ó ostracismo máis absoluto, do que o seu Partido era o maior causante. Resistiu un ano para, estes días, volver á Universidade e pasar á historia.

Aínda falta tempo e conciencia para que Galicia arbitre situacións e solucións para quen ostentara a máxima representación do país. Albor, González Laxe, Fraga, Touriño... camiñan, uns máis ca outros, hacia o esquecemento popular cando merecen figurar con letras de ouro na nosa historia recente, e ter un papel ben definido no noso particular Olimpo.

Mentras un político está en activo, sofre presións, agresións, proporcionais á altura do seu cargo; e cando o deixa non recibe nin o recoñecemento e menos o agradecemento dos galegos que o esquecen a maior velocidade que o encumbraron.

Touriño é, por agora, o último xoguete roto da política. Non merece a xogada que se fai con el. Non merecen os que foron presidentes de Galicia saír por porta tan pequena, no medio dun silencio clamoroso, rodeados da enemizade esquecedora dos que ata hai un ano eran os seus compañeiros de viaxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES