Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilalba no mundo

miércoles, 24 de febrero de 2010
Diante dun feito como a inauguración do último tramo da autovía Ferrol-Vilalba, teño que autocomplacerme pensando na miña vila e na magnífica noticia que esto supón.

A min esto das novas vías de comunicación teño que confesar que me conmove, e supoño que se me ten notado xa en numerosas ocasións. E supoño que é porque a estas alturas da vida, tendo recorrido millóns de kilómetros por malas carreteras que agora teñamos unhas estradas perfectas é algo bastante parecido a esa felicidade que todos anceiamos.

Non esaxero cando menciono millóns, porque vou polo sexto coche propio, e a cada un rodeino entre douscentos mil e trescentos mil kilómetros, e todo esto sumado ás viaxes nas que eu non conducía, danme unha certa experiencia no recorrido polas estradas galegas, especialmente da provincia de Lugo. As novas autovías, co seu dote de seguridade, amplitude, trazado, son -por agora- a perfección no transporte automobilístico, e deso hai que congratularse.

Eu lembro cando ir no coche de linea ou da feira de Vilalba ás Pontes levaban máis dunha hora, de Vilalba a Muras outro tanto, e de Vilalba a Viveiro máis de dúas horas. De Vilalba a Lugo era unha hora, e así sucesivamente.

Teño ido en coche pola zona que estes días se inaugurou, en coche da feira. E mentras íamos por terreo chao o vehículo levaba unha velocidade de cruceiro que ó mellor chegaba ós corenta por hora, pero nas costas era outro cantar. Cando desde o que agora é autovía se ía hacia Muras -que agora tamén, parece, ten a consideración de Terra Chá, que xa é ter- nas costas, o coche das feiras volvíase remolón e camiñaba (é un dicir), ó mellor a quince por hora.

Ós rapaces gustábanos ir “na baca”, na parte superior, onde ía xente maior e máis a carga. E cando o pobre autobús hipaba nas costas, subindo con todo o esforzo do mundo, os nenos baixabamos pola escaleira posterior, facíamos algunha necesidade menor á beira da estrada, botábamos a correr e collíamolo de novo. Aquello era tranquilidade nas viaxes, e o demáis son contos. Hoxe, queda aquello tan lonxano como a conquista do oeste.

Ó que ía: Vilalba, coa chegada da autovía de Ferrol e As Pontes, queda conectada co mar ferrolano, ten porto de mar a pouco máis de media hora. Pero contando coa autovía A-8, estará conectada -como dicía o Presidente Feijoo- con Francia, e con Asturias, e todo o norte de España, estándoo xa coa A-6, coa Coruña, con Madrid. Se hoxendía o futuro está nas comunicacións, Vilalba está no futuro convertida nun nudo de comunicacións como ningún outro pobo da provincia de Lugo, e como moi poucos outros de Galicia.

Notaremolo no futuro, e notarano as xeneracións vindeiras, pero pensemos que este mércores ianugural foi para Vilalba un día histórico. Non tivemos en tempos -como denunciou o Alcalde, Gerardo Criado- un ferrocarril que nos vencellase coa costa e co resto de España, pero agora temos -e máis que imos ter- unhas comunicacións de primeira orde por estrada que vencellan a Vilalba co mundo, e a todo o mundo con Vilalba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES