Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un plan galego de Internet

lunes, 22 de febrero de 2010
Aprobouno o xoves a Xunta, e o venres estaba Feijoo presentando en Lugo ese Plan Galego de Internet, no que a Comunidade vai investir cento dous millóns de euros, agardando que outras administracións e o capital privado aporten a diferencia ata os douscentos trinta e dous millóns que se calcula farán falla para sacar a Galicia do aillamento tecnolóxico e situala en igualdade co resto do Estado, extendendo a banda ancha a toda Galicia cun límite temporal que remata en 2013.

Que certamente o noso país vai necesitar un impulso moi importante se temos en conta que na actualidade só o trinta e seis por cento dos fogares galegos disponen de Internet fronte ó cincuenta e un por cento da media nacional.

Galicia, que ten chegado tarde a moitos trenes, que polas súas especiais características sufríu importantes retrasos en subministro eléctrico no rural, e mesmo no trazado de estradas, pode agora recibir un definitivo impulso que se fai absolutamente indispensable nun tempo no que o virtual é o complemento directo e imprescindible do real.

Dispor dunha Internet de calidade é necesidade ineludible do pequeno ou gran empresario, e dos particulares , autónomos ou empregados, para desenvolver a súa actividade diaria que pasa pola utilización no traballo e no lecer das novas tecnoloxías e, especialmente, por dispoñer da posibilidade de conectar en todo momento co resto do mundo a través da internet.

Galicia ten, pois, un Plan de aplicación inmediata en todo o territorio, para conseguir que todos os galegos poidamos dispoñer da chamada “banda ancha”, sen distinción de persoas porque vivan no urbano ou no rural, nun punto perto de algunha poboación importante ou na última casa de cada concello.

Quedan só tres anos para o límite temporal que o Presidente e o seu goberno se teñen imposto para que Internet señoree Galicia. Ilusiónanos a promesa e confiamos en que desta vez sexa verdade que Galicia vai ter unha Internet de primeira para todos os seus habitantes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES