Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O San Blas

martes, 09 de febrero de 2010
Mañán é San Blás, e con él encétase a ringleira de festas que ó longo do ano se celebran no concello de Foz. A capela atópase en Vilaxoane, ó iniciarse a estrada que leva a San Martiño, nun entorno que hai preto de 40 anos, no libro “Guía histórica e artística de San Martiño de Mondoñedo”, describimos así: ”O Centiño, antes da desembocadura, parce converterse en río escapado dun belén. O panorama que ofrece ó visitante encerra a dozura e corido dun xigantesco Nacemento disposto para celebrar, con campás de alegría, a Natividade do Señor. As figuras son todas naturais e o conxunto ofrece a visión dun paraxe encantador. “As augas, ledas e brincadeiras; as rústicas pontes que o cruzan; os arbustos que o arrodean; os muiños, que cumpren só unha función decorativa; as ladeiras dos breves montículos que baixan ó río salpicadas de casiñas; o son que produce (producía) os golpes sobre a bigornia do ferreiro que alí, à sùa veira ten (tiña) a fragua; a frecuencia de animais polas beiras do río… e alá arriba, branca coma unha pomba, a ermida de San Brais”. Esta capela, coas do Pilar da Espiñeira e a desaparecida de San Xoan, dentro da finca que arrodea o Asilo, pertencían ó condado de Guimonde, cuias propiedades foron liquidadas polo maordomo a finais do século XVIII, ó finar sen descendencia o ùltimo conde, e polo tanto desmantelado o condado.É tradición que o nome de Vilaxoane débese a unha filla dos devanceiros chamada Xoana, daí que na súa honra o pai denominara o lugar como Vilaxoana. Aquí naceo Alvaro Núñez de Isorna, que no século XV foi bispo de Mondoñedo, León, Cuenca e Santiago.
As xentes de Foz son devotas de San Brais, e en especial o día da súa festa son moitas as que se achegan a visitalo e perdirlle a protección, pois xa se sabe que é abogado da garganta e perdura a tradición de “poñer o santo” ó tempo que pedíndolle a defenda de toda enfermidade, toca a imaxe cun pano que se aplica á gorxa.Pero sen dúbida os mais devotos son os veciños do lugar e eles, a través dos tempos, foron quen se ocuparon de conservar e atender a ermida, que presenta un magnífico aspecto.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES