Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fálame nesa lingua melosiña

miércoles, 27 de enero de 2010
Hoxe vou tirar pola vena bíblica. Síntome provocado polo encargo que recibiu o Profeta Xeremías. (Xr 1,10): “Irás a onde eu te envíe e diraslles todo o que eu che ordene. Non lles teñas medo:
1. “...para arrincar e destruír: A chamada Denuncia profética.
2. “...para edificar e plantar”: Promover o cambio e a conversión, alimentar a esperanza, anunciar a salvación prometida, construír o futuro: As utopías proféticas.

Nós tamén temos profetas. Profetas hodiernos. Profetas que miran cos ollos do corazón á nosa xente, á nosa terra á nosa lingua:

1.- Para edificar e plantar:
Como sei que pode haber algúns que non coñezan esta profecía do noso benquerido poeta cego, Valentín Lamas Carvajal (1880), velaí vai, anque non completa:

“Fálame nesa lingua melosiña/ que celestiais armunías ten:
Fálame na linguaxe da terriña/ se é que me queres ben.
Se desexas probar do teu cariño/ as tenruras o fogo e a pasión,
Proba con me chamares “amantiño”/que me tes moito amor.
Fálame nesa fala pracenteira/ tristuras fai sentir ao corazón,
Non sei que morno acabamento brando/ nin que vaga emoción.
Arrólame cos ecos desa fala/ que tan ben fai sorrir como chorar;
Música que os ouvidos non regala/ das xentes doutro chan.
Fálame na linguaxe dos galegos/ se me queres facer moito sentir;
Na fala que ata nos labios dos labregos/ non sei que ten pra min.
Arrólame co ritmo regalado,/ coa sonora, infinita vibración,
Do falar polas fadas inventado/ pra meigar corazóns.
Xa de neno esa fala melosiña/ o meu feitizo, a miña gloria foi;
Fálame na linguaxe da terriña/ se é que me tes amor.”

Decídeme, oh vós que transitades por estes lares, se despois disto aínda pode haber quen persiga, quen calumnie, quen refuse, quen se avergoñe, quen teña complexo, quen ataque, quen minta, quen acuse de agresividade a esta lingua “que é máis leda que os tonos da muiñeira/ e máis doce que o mel.”

Pero o profeta tamén ten na súa misión:

2.- Arrincar e destruír.
Velaquí outros tres profetas:
1. “O galego que non fala/ a lingua da súa terra,/ nin sabe o que ten de seu,/ nin é merecente dela. ( Victoriano Taibo)
2. “O que naceu en Galicia/ e da súa fala renega/ ese nin á propia nai/ lle sabe ter reverencia.” (AVELINO DIAZ, Devezos. 1947).
3. “Dálles unha carda aos fillos,/ Galiza, que se che malvan;/ que os hai que de ti renegan/ e a fala túa non falan.” (LEIRAS PULPEIRO M., Cantares gallegos, 1911).

Señores da Xunta, Sr. Feijoo, Sr Valedor do Pobo, venceredes con argucias e falacias. Pero non convencedes. Non falades coma os nosos profetas de todos os tempos.

Pais e nais, como lle dixo o raposo ao Principiño: Somos para sempre responsábeis para todo aquilo que domesticamos: (“O que pertence á herdanza doméstica secular, á familia”). “Es responsábel da túa rosa.” Somos responsábeis de transmitir a fala.

Temos futuro, temos mañᔠ(Fuxan os Ventos).
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES