Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lingua é arte

miércoles, 13 de enero de 2010
A obra creadora dos artistas é o xogo dunha identidade, dunha reflexión da realidade que se espella na alma amada, no sentir desa realidade coma un vencello que emerxe da terra coa cultura da contorna reflectida nas manifestacións virtuais dunha concepción individualizada, mais se eses escritores, músicos, escultores, pintores... se someten á distancia ou á ausencia desa Terra, a obra sentese ferida pola “absentia”, aínda que no corazón é “praesentia” de tons saudosos e de verbas esquecidas.
A nosa lingua é ese patrimonio inmaterial que pertence a todos e a ninguén; xa F. de Saussure falara de que a lingua era un contrato social, mais tamén é arte, é coma un cadro que todos firmamos co notario da alma e ao que todos rendemos preitesía a esas formas engaiolantes e solermiñas da nosa lingua, coas palabras amantiñas e o ton velaíño da nosa música celestial expresiva. Aloumiños do alén na gorentosa refoleada de ventos ancestrais que modulan o aire das nosas expresións. Carimbos de soño son as verbas artelladas nas bocas dos nosos, sedosas gasas que arrodean a paisaxe da nosa expresión e que ninguén ten dereito de acalalas aínda que alguén se sentira representado por uns votos que non son quen de amosar a presenza dunha inxente cantidade de persoas que a conformaron dese xeito ao longo da ampla historia.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES