Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A panacea de Internet

martes, 12 de enero de 2010
En España, a todopoderosa Sociedade de Autores, e as menos poderosas pero influíntes sociedades de defensa dos intereses de diversos tipos de creadores, teñen conseguido que a lexislación os apoie ata o punto de obter recursos ata extremos imposibles.

Impoñer un canon sobre os discos gravables, presupón que van ser utilizados para algo ilegal que, deste xeito, queda autorizado ou alomenos paliada a infracción. O mesmo ocorre coas fotocopias e as fotocopiadoras, nunha sinrazón totalmente legal, que vence pero nunca conseguirá convencer.

E agora, as mentes insaciables, por Europa adiante, detéñense en Internet como lugar sin límites, territorio propicio para obter rendementos con arreglo á lei do mínimo esforzo.

O goberno francés ten creada unha comisión que estudia crear unha taxa sobre os rendementos publicitarios en Internet para remunerar ós creadores. A comisión ten presentadas xa vintedúas propostas sobre diversos aspectos da Rede, que poden proporcionar neste ano cincuenta mil millón de euros con destino á intelectualidade creadora francesa, cifra que xa ten orixinado un bo rebumbio no sector de Internet.

Quen en Internet utilice as creacións doutros, que lles pague os correspondentes dereitos, chegando individualmente ós correspondentes acordos. Pero quen se procure as súas propias informacións, o seu propio fondo informativo, non ten porque pagar ningún canon a quen nada lle aporta.

Pode parecer que poñemos a venda antes da ferida, pero diante dos despropósitos xa coñecidos, a perspectiva de recurrir a Internet para facer política de cara á galería non parece tan utópica ou lonxana.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES