Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cidade do Pan

jueves, 31 de diciembre de 2009
Aínda neste ano, roído pola crise, imos brindar por un 2010 coa imaxinación e inventiva suficientes para erguernos deste marasmo. Urxen alternativas a un modelo económico caduco, que está a cegar o camiño de tantas e tantos traballadores. Por iso, antes de rematar o 2009, imos celebrar con pantrigo, proxectos que están a ilusionar a nosa comarca, sobre todo, dous concellos punteiros no seu desenvolvemento industrial: Ingapán de Begonte e Kentes de Outeiro de Rei, coma mananciais que abrollan neste páramo, nun exercicio no que a familia Chousa están a vivir os 50 anos da súa primeira panadería, e os 20 da creación da súa nova singradura: Ingapan. O 22, vai ser agasallada, co 10º premio Aresa coma recoñecemento da súa contribución á economía galega. Hoxe, son os primeiros na rama da panificación a nivel estatal, e os cuartos no eido da alimentación. Sempre nos marabillaron estas empresas familiares que con tanta coraxe manteñen o seu pulo, fieis ó fermento orixinal das primeiras fornadas. Xa son a terceira xeración… A sociedade non calibra este tesón amasado con paciencia e moitas luces. O seu nome espallado por 17 países, non fai máis que multiplicarse. E agora, no novo decenio, prométennos novas muiñadas: a Cidade do Pan, en Outeiro, non lonxe do berce de Manuel María, que cantou esta cultura do pan, fundamental na economía da Terra Chá, produtora das fariñas máis finas. Unha empresa que traballa con produtos do país, nunha inxente variedade. Só nun día, fabrica 33 tas. de empanadas e salgados, 6 de pastelería ultraconxelada, 160.000 barras galegas precociñadas, 59 tas. de pan variado, e 2 tas. de bocadillos. Kentes, vai espallar cinco liñas de refrixerados, grazas ao rodicio da súa investigación que non paraliza a presentación de tartas, empanadillas, etc. Non só vivimos de pan, pero esta empresa xera traballo, e permite a moitas e moitos nacer cun molete debaixo do brazo. En Igapán son uns 440 traballadores, case todos novos, o 80% mulleres, e moitas/os cun contrato laboral indefinido, e Kentes ten previsto un incremento de 140 máis. Xa a futura Cidade do Pan, que promete ser un polígono máis no Outeiro industrial, vai acubillar 400 empregos.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES